Henry Fonda

actor estadounidense

Henry Jaynes Fonda, máis coñecido por Henry Fonda, nado en Grand Island, Nebrasca, o 16 de maio de 1905 e finado nos Ánxeles o 12 de agosto de 1982, foi un actor de cine e teatro estadounidense. Fillo de William Brace Fonda e de Herberta Krueger Jaynes. Fonda tiña antepasados neerlandeses, sendo o apelido Fonda orixinario de Frisia, unha rexión europea que se estende dende o norte dos Países Baixos ata o noroeste de Alemaña.[1]

Infotaula de personaHenry Fonda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Henry Jaynes Fonda Editar o valor en Wikidata
16 de maio de 1905 Editar o valor en Wikidata
Grand Island, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1982 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecardiopatía Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Minnesota (pt) Traducir
Omaha Central High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación, filme, teatro, televisión e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor de televisión , actor de teatro , produtor de televisión , actor , produtor de cinema , guionista , oficial da armada , apicultor , actor de cinema , produtor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1981 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWestern e Spaghetti Western Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMusic Corporation of America, Inc. Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militartenente junior Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeShirley Maye Adams (1965–)
Afdera Franchetti (1957–1961)
Susan Blanchard (1950–1956)
Frances Ford Seymour (1936–1950), morte do cónxuxe
Margaret Sullavan (1931–1933)
FillosPeter Fonda
 () Frances Ford Seymour (pt) Traducir
Jane Fonda
 () Frances Ford Seymour (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Brace Fonda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Elma Herberta Jaynes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000020 Allocine: 793 Rottentomatoes: celebrity/henry_fonda Allmovie: p24097 69239 Metacritic: person/henry-fonda TV.com: people/henry-fonda IBDB: 40805
BNE: XX958957 Musicbrainz: 284f1144-4901-464e-a081-591c57c332ee Songkick: 2288518 Discogs: 1424293 WikiTree: Fonda-35 Find a Grave: 1730 Editar o valor en Wikidata

Era o patriarca dunha familia de actores, entre os que están os seus fillos Jane Fonda e Peter Fonda, e a súa neta Bridget Fonda.

Gañador dos premios Óscar, Globo de Ouro, BAFTA e Tony. O cineasta John Ford, cando nunha entrevista se lle preguntou que era o cine para el, contestou: "Vostede viu camiñar a Henry Fonda? Pois iso é o cine". Esta frase valería para resumir a carreira de Fonda, un deses mitos do cine que se foron forxando a base de talento puro e traballo.

Traxectoria

editar

Henry Fonda estudou xornalismo na Universidade de Minnesota, máis abandonou o curso no segundo ano. En 1925, traballaba nunha empresa en Omaha cando foi convidado para facer un papel importante nunha produción afeccionada da Community Playhouse. Nesa época el xa impresionara co seu metro oitenta e seis centímetros. Apaixonouse polo cine e o seu primeiro papel profesional foi na película You and Me, de Philip Barry.

A súa estrea no cine americano foi en 1935, repetindo o papel que fixera no teatro na adaptación de The Farmer Takes a Wife. Nesa mesma época faise amigo doutro actor novato, James Stewart, amizade que durou ata a súa morte. En 1936, Henry casou con Frances Seymour Brokwaw, unha americana rica e divorciada con quen tivo dous fillos, os tamén actores Jane Fonda e Peter Fonda. O casamento rematou traxicamente en 1950, co suicidio de Frances despois dun colapso nervioso.

Casou outras tres veces: en decembro de 1950, con Susan Levine Blanchard, con quen adoptou unha meniña; en 1957, coa italiana Afdera Franchetti e, en 1965, con Shirlee Mae Adams, con quen estivo casado ata a súa morte.

Antes de partir para a segunda guerra mundial como contramestre de terceira clase, participou en máis de vinte filmes, algúns grandes éxitos de portelo e crítica como Jezebel, Jesse James, Ao rufar dos tambores e As uvas da ira, coa que foi nomeado ao Óscar ó mellor actor.

Henry Fonda participou nunhas 90 películas. Conseguiu un Óscar como mellor actor xa ao final da súa carreira polo seu papel en On Golden Pond en 1981, poucos meses antes de morrer a consecuencia dun cancro e dunha doenza crónica de corazón na súa casa dos Ánxeles, acompañado pola súa muller Shirlee e a súa filla Jane Fonda, que tamén participara na súa derradeira película.

Filmografía

editar
  • 1935
    • ("The Farmer Takes a Wife") en España estreouse co título de Contrastes
    • Way Down East
    • I Dream Too Much en España estreouse co título de Canción de amor
  • 1936
  • 1937
 
Henry Fonda no filme Slim
 
Henry Fonda no filme Jezebel.
 
Henry Fonda en The Lady Eve.

Premios

editar
Ano Categoría Película Resultado
1981 Óscar ó mellor actor On Golden Pond Gañador
1980 Óscar Honorífico Gañador
1940 Óscar ó mellor actor As uvas da ira Nomeado
Ano Categoría Película Resultado
1981 Globo de Ouro ao mellor actor - Drama On Golden Pond Gañador
1981 Premio Cecil B. DeMille Gañador
Ano Categoría Película Resultado
1957 BAFTA ao mellor actor 12 Angry Men Gañador
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2008. Consultado o 25 de novembro de 2007. 

Véxase tamén

editar