Fregona e cubo con escorredoiro

A fregona é unha ferramenta para limpar o chan. Foi inventada por Manuel Jalón en 1964, quen modificou un trebello que coñeceu nos Estados Unidos para darlle o aspecto aproximado das actuais fregonas.

Adoita ir acompañada dun cubo onde se humedece e ter un longo pau e mais unha cabeza feita de grosos e suaves fíos de tea absorbente. Para limpar o chan, logo de humedecelo, refrégase o utensilio contra a superficie. Algúns cubos inclúen un escorredoiro, para quitar o exceso de auga da fregona, co fin de non saturar o chan. Utilízase frecuentemente tamén para limpar líquidos derramados.

En 2007 Jalón demandou á familia de Emilio Bellvis Montensano por atribuírse publicamente o invento da fregona. En 2008, o Xulgado do Mercantil nº1 de Zaragoza fallou ó seu favor sentenciando que o invento da fregona corresponde a Manuel Jalón Corominas en virtude da patente nº 298240. Posteriormente, a Audiencia Provincial de Zaragoza ratificou esta sentenza.[1]

NotasEditar