Carlos
nome masculino
Nome | lingua |
---|---|
Charles | inglés, francés |
Charl | afrikaans |
Carl | noruegués |
Carles | catalán |
Carlo | italiano |
Carlos | portugués, castelán, galego |
Carol | romanés |
Carolus | latín |
Karel | checo, holandés |
Karl | alemán, sueco lingua islandesa |
Karlo | lingua croata, serbio |
Karlos | éuscaro |
Karolis | lituano |
Karol | polaco, eslovaco |
Karolos | grego |
Károly | húngaro |
Kaarle | finés |
Siarl | galés |
Carlos é un nome de home. O seu feminino é Carolina, Carola, Carlota ou Carla. O nome é de procedencia xermana, e significa "home libre". O nome traducido ás linguas escandinavas Karl significa home. Trátase dun nome moi popular debido ao seu uso habitual nas tradicións das casas reais, polo que hai moitas personalidades chamadas Carlos. Tamén existe en xaponés (Karurosu), en chinés (Ka-lou-se), en árabe (Karlus) e noutras linguas.
Santoral
editar- 4 de novembro: San Carlos, cardeal e arcebispo de Milán (†1584).
Monarcas e membros de casas reais
editarOutras personalidades
editar- Carl von Linné: biólogo Sueco, foi o primeiro en dar nome científico ás especies.
- Carlos Martel: mordomo de palacio do reino de Austrasia
- Karl Marx: ideólogo do Marxismo, e do posterior comunismo.
- Carlos Chacal: é o alias de Ilich Ramírez Sánchez, terrorista venezolano.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos |
Outros artigos
editar- Lista de nomes masculinos en galego.
- Carolina (feminino)