Abrir o menú principal

Carlos XV de Suecia, nado en Estocolmo o 3 de maio de 1826 (como Karl Ludvig Eugen Bernadotte), e finado en Malmö o 18 de setembro de 1872,[1] foi rei de Suecia e de Noruega desde 1859 até a súa morte (en Noruega adoptou o nome de Carlos IV).

Carlos XV de Suecia
Karl XV av Sverige (en sueco)
Karl IV av Noreg (en noruegués)
Rei de Suecia e de e Noruega
Fredric Westin - Charles XV of Sweden.jpg
Carlos XV de Suecia, rei de Suecia e Noruega (Carlos IV)

Reinado8 de xullo de 1859 - 18 de setembro de 1872
Nome completoKarl Ludvig Eugen Bernadotte
Outros títulos
  • Nacemento3 de maio de 1826
    Palacio Real de Estocolmo,
    Swedish and Norwegian merchant flag 1818-1844.svg Suecia
    Falecemento18 de setembro de 1872 (46 anos)
    Malmö,
    Swedish civil ensign (1844–1905).svg Suecia
    SepulturaIgrexa de Riddarholmen, Suecia Suecia
    PredecesorÓscar I de Suecia
    SucesorÓscar II de Suecia
    ConsorteLuísa dos Países Baixos
    Descendencia
  • Casa realCasa de Bernadotte
    ProxenitoresÓscar I de Suecia
    Xosefina de Leuchtenberg

    Escudo de Carlos XV de Suecia
    Escudo de armas do rei Carlos XV de Suecia e Noruega

    Era o fillo maior do rei Óscar I e da raíña Xosefina.[1] Foi o primeiro monarca da dinastía Bernadotte nacido en Suecia.[2]

    Casou o 19 de xuño de 1851 coa princesa Luísa dos Países Baixos.[1]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Naceu no Palacio Real de Estocolmo e ao seu nacemento foille outorgado o título de príncipe herdeiro e o de duque de Escania. Foi brevemente vicerrei de Noruega, entre 1856 e 1857. Asumiu a rexencia o 25 de setembro 1857 ante a enfermidade de seu pai. Cando Óscar I faleceu, Carlos foi nomeado monarca dos reinos unidos de Suecia e Noruega. En Suecia foi coroado o 3 de maio de 1860 e, en Noruega, o 5 de agosto do mesmo ano.

    Foi un defensor e promotor do escandinavismo e da solidariedade política entre os tres reinos nórdicos (Suecia, Noruega e Dinamarca). Estableceu relacións de amizade co rei Federico VII de Dinamarca, ao que lle prometeu en xullo de 1863 axuda militar para protexer o ducado de Schleswig da invasión prusiana. O apoio militar, porén, nunca chegou por motivos políticos internos en Suecia.

    O rei fortaleceu e cambiou radicalmente a política interna sueca coa reforma do parlamento. En 1860 o monarca lanzou a súa proposta de "estado democrático" e, tras discutilo cos membros do seu goberno, en 1863 o primeiro ministro Louis De Geer presentou unha proposta de reforma que rompía coa conformación do parlamento dos estados.[3] Despois de cerca de tres anos de discusión, a reforma foi aprobada o 22 de xuño de 1866.

    Tamén se modificaron as leis municipais e se concedeu ás mulleres o dereito ao voto por primeira vez nas eleccións municipais. Durante o seu reinado a liberdade relixiosa foi estendida ao ámbito xurídico e político.

    Houbo novas leis penais e continuou coa política de desenvolvemento económico de Óscar I, que comprendeu unha mellora significativa das infraestruturas e o impulso da industrialización, construíndose ademais unha ampla rede de comunicacións ferroviarias.

    A comenzos de 1871 decaeu a súa saúde, coincidindo coa morte da súa esposa a raíña Luísa o 30 de marzo de 1871. Despois dunha viaxe de descanso a Aquisgrán, o rei viviu un tempo no Palacio de Ulriksdal, nas aforas de Estocolmo, de onde se mudou a Malmö. Nesta cidade faleceu o 18 de setembro de 1872. O seu corpo foi sepultado na Igrexa de Riddarholmen de Estocolmo.

    Ante a falta de fillos varóns (o seu fillo Carlos falecera dezaoito anos antes), foi sucedido polo seu irmán o duque Óscar. O seu neto Carlos de Dinamarca converteríase en rei de Noruega, co nome de Haakon VII.

    FamiliaEditar

    Casado con Luísa dos Países Baixos, tivo dous fillos:[1]

    1. Luísa (1851 - 1926). Casou con Federico VIII de Dinamarca.
    2. Carlos Óscar Guillerme Federico (1852 - 1854). Duque de Södermanland.

    Carlos tamén tivo un fillo ilexítimo, Carl Johan Bolander, nacido o 4 de febreiro de 1854, e que foi o pai do bispo Nils Bolander,[4] e unha filla, Ellen Svensson Hammar, nacida o 28 de outubro de 1865 e finada en 1931.
    Así mesmo, hai rumores de que tiña máis fillos extraconxugais.[5]

    Vida intelectualEditar

     
    Vista de Värmdö (1865).

    Durante o seu cargo como vicerrei de Noruega, Carlos compuxo contos en prosa. De regreso a Suecia trataría sen éxito de obter un premio na Academia Sueca. Escribiu tamén algúns ensaios políticos e de administración do exército.

    A súa obra literaria máis coñecida son dúas coleccións de poemas: Unha colección de poemas de C. e Pequenos poemas de C., que serían traducidas a varios idiomas.

    Foi coleccionista de arte e alentou o desenvolvemento da arte nacional sueca e norueguesa.

    Tamén desempeñou con talento a pintura, representando principalmente paisaxes típicos de Escandinavia. A súa colección incluía case 500 pinturas, principalmente de artistas suecos.

    Gran parte da súa colección de arte e artesanado foi doada ao Estado sueco no seu testamento. As pinturas da súa autoría áchanse nos principais museos de arte suecos e nalgunhas galerías norueguesas.

    Algunhas das súas pinturas:

    • Vista desde Värmdö (1865)
    • Vista de Ulriksdal (1868)
    • Paisaxe norueguesa á luz da alba (década de 1860)
    • Xunto ao arroio do bosque (1872)

    Galería de imaxesEditar

    Escudos de armasEditar

    Armas de Carlos como Duque de Escania
    (1826–1844)
    Armas de Carlos como Príncipe Herdeiro
    (1844–1859)
    Armas de Carlos XV & IV como Rei de Suecia e Noruega
    (1859–1872)
    Monograma do rei Carlos XV

    AntepasadosEditar

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Jean Bernadotte
     
     
     
     
     
     
     
    8. Jean Henri Bernadotte
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Marie du Pucheu dite de La Place
     
     
     
     
     
     
     
    4. Carlos XIV Xoán de Suecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Jean de Saint Vincent
     
     
     
     
     
     
     
    9. Jeanne de Saint-Vincent
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    19. Marie d'Abbadie de Sireix
     
     
     
     
     
     
     
    2. Óscar I de Suecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Joseph Clary
     
     
     
     
     
     
     
    10. François Clary
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Françoise Agnès Ammoric
     
     
     
     
     
     
     
    5. Desideria Clary
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Joseph Ignace Somis
     
     
     
     
     
     
     
    11. Françoise Rose Somis
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Catherine Rose Soucheiron
     
     
     
     
     
     
     
    1. Carlos XV de Suecia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Francisco V de Beauharnais
     
     
     
     
     
     
     
    12. Alexandre de Beauharnais
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Henriqueta Pyvart de Chastillé
     
     
     
     
     
     
     
    6. Eugène de Beauharnais
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Xosé Gaspar Tascher de La Pagerie
     
     
     
     
     
     
     
    13. Xosefina Tascher de la Pagerie
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Rosa Clara des Vergers de Sannois
     
     
     
     
     
     
     
    3. Xosefina de Leuchtenberg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Federico Miguel de Zweibrücken-Birkenfeld
     
     
     
     
     
     
     
    14. Maximiliano I de Baviera
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. María Francisca de Sulzbach
     
     
     
     
     
     
     
    7. Augusta de Baviera
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Xurxo Guillerme de Hesse-Darmstadt
     
     
     
     
     
     
     
    15. Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Luísa de Leiningen-Heidesheim
     
     
     
     
     
     
    Precedido por:
    Óscar I
    Rei de Suecia
    1859 - 1872
    Sucedido por:
    Óscar II
    Rei de Noruega
    1859 - 1872

    NotasEditar

    1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Darryl Lundy, Xenealoxía de Carlos XV de Suecia (Carl XV Bernadotte, King of Sweden) en The Peerage (en inglés).
    2. Cronholm, Neander N. (1902): A History of Sweden from the Earliest Times to the Present Day. Volume 2. Capítulo 41, pp. 289-299. (Ver dixitalizado).
    3. Louis de Geer, Minnen ["Recordos"] del 1 Sthlm 1892 s 157 f.
    4. Carl-Erik Sahlberg en Nils Bolander diktare och predikant. ISBN 91-86112-39-2, p. 11. Resumo (en sueco).
    5. Lagerqvist & Åberg en King and Rulers of Sweden. ISBN 91-87064-35-9, p. 48.

    Véxase taménEditar

    BibliografíaEditar

    • Edholm, Erik af (1944): Svunna dagar: ur förste hovmarskalken Erik af Edholms dagböcker. Upplevelser under Karl XIV Johans och Oskar I:s tid. Stockholm: Norstedt & Söner. (en sueco).
    • McNaughton, Arnold (1973): The book of kings: A royal genealogy. Volume 1. London: Garnstone Press. ISBN 978-0-9003-9119-4 (en inglés).
    • Sandberg, Thorsten (1999): "Reformprinsen". Lund: Populär historia. ISSN 1102-0822. Libris 2819517 (en sueco).

    Outros artigosEditar

    Ligazóns externasEditar