Xosefina de Leuchtenberg

Xosefina de Leuchtenberg, nada o 14 de marzo de 1807 en Milán (como Joséphine Maximilienne Eugénie Napoléone de Beauharnais) e finada o 7 de xuño de 1876 en Estocolmo, foi raíña de Suecia e Noruega entre 1844 e 1859, como consorte do rei Óscar I.[1]

Infotaula de personaXosefina de Leuchtenberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1807 Editar o valor em Wikidata
Milán Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xuño de 1876 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Palácio Real de Estocolmo, Suecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRiddarholmskyrkan Editar o valor em Wikidata
Rainha consorte da Suécia (pt) Traducir
8 de marzo de 1844 – 8 de xullo de 1859
← Desideria ClaryLuísa dos Países Baixos → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1876)
Suecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte
Duquesa
Princesa
Princesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Beauharnais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeÓscar I de Suecia (1823, 1823–)
FillosCarlos XV de Suecia, Eugênia da Suécia (pt) Traducir, Óscar II de Suecia, Gustavo, duque de Uppland (pt) Traducir, Augusto, duque de Dalarna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEugène de Beauharnais Editar o valor em Wikidata  e Augusta da Baviera (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsThéodolinda von Urach, Eugênia de Leuchtenberg (pt) Traducir, Maximiliano de Beauharnais (pt) Traducir, Augusto de Beauharnais (pt) Traducir, Amelia de Leuchtenberg e Carolina Clotilde de Beauharnais (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Beauharnais-1 Find a Grave: 9483629 Editar o valor em Wikidata

Tamén foi Princesa de Bologne,[2] e Duquesa de Galliera e de Leuchtenberg.

Familia

editar

Era a filla máis vella de Eugène de Beauharnais, primeiro duque de Leuchtenberg (concedido en 1817 polo rei Maximiliano I de Baviera) e de Augusta Amalia de Baviera (filla do rei Maximiliano I de Baviera e da princesa Guillermina de Hesse-Darmstadt).

Debía o seu primeiro nome á súa avoa paterna, a emperatriz Xosefina, e o seu terceiro ao emperador Napoleón Bonaparte.

Matrimonio

editar
 
Retrato de Óscar I, esposo de Xosefina de Leuchtenberg.
 
Xosefina, como princesa herdeira de Suecia e Noruega.

Casou con Óscar, o príncipe herdeiro de Suecia e Noruega, o 22 de maio de 1823,[1] no palacio de Leuchtenberg, en Múnic.

O 19 de xuño do mesmo ano celebrouse unha cerimonia en Estocolmo.

Probabelmente o matrimonio tiña tamén fins de lexitimación dinástica, pois Xosefina era descendente, por liña materna, de Gustavo Vasa. Así mesmo descendía a través da súa e nai do impopular rei Cristián II de Dinamarca.

Seis días despois de chegar a Suecia tivo que renunciar ao seu terceiro nome, Napoleona, debido a que Suecia se aliñara no bando contrario a Napoleón durante as guerras deste en Europa.

Levou consigo varias xoias espectaculares herdadas da emperatriz Xosefina, elaboradas en prestixiosas xoiarías de París. Esas xoias pertencen aínda hoxe en día á familia real sueca.

En 1824 foi vicerraíña de Noruega e tería que viaxar acompañando ao seu marido á capital dese país, Kristianía (actual Oslo). Alí viviría a parella uns cantos meses antes de volver a Estocolmo.

Á morte de Carlos XIV Xoán de Suecia, o seu esposo Óscar subiu ao trono, como Óscar I, e Xosefina converteuse en raíña de Suecia e Noruega.

Entre as súas actividades como raíña encontrábanse as obras de caridade. Manifestou gusto pola pintura e promoveu as reformas propostas polo seu marido.

Xosefina foi tan popular na corte como entre o pobo sueco, a pesar de conservar a súa relixión católica, aínda que consentiu educar os seus fillos na relixión luterana. Segundo rumores, a raíña defendeu, en 1860, unha nova lei de liberdade relixiosa. A lei antiga permitía crenzas diferentes soamente se o individuo nacera nelas, prohibindo unha conversión da fe luterana.

Non se sabe se tivo algunha influencia política durante o reinado do seu marido (e no do seu fillo), pero certamente actuou como conselleira do rei. En 1848 tentou evitar unha guerra en Schleswig-Holstein. E sería responsábel dun tratado entre Suecia, Noruega, Francia e a Gran Bretaña en 1855.

Na súa vida privada padeceu a infidelidade de Óscar, que tivo un romance extramatrimonial coa famosa actriz sueca Emilie Högqvist, e outra relación coa aristócrata Jaquette Löwenhielm.[3]

A finais do mes de maio de 1876, Xosefina xa estaba bastante enferma, falecendo o 7 de xuño dese ano en Estocolmo, á idade de 69 anos. As súas últimas palabras foron: «Eu estou indo para casa agora. Estou moi feliz». O seu funeral seguiu o rito católico. Está sepultada na Igrexa de Riddarholmen, de capital sueca.

Descendencia

editar

Co seu esposo Óscar I tivo os seguintes fillos:[1]

  1. Carlos (1826-1872). Duque de Escania, rei de Suecia e de Noruega de 1859 a 1872.
  2. Gustavo (1827-1852). Duque de Uppland.
  3. Óscar (1829-1907). Duque de Östergötland, rei de Suecia de 1872 a 1907 e de Noruega de 1872 a 1905.
  4. Euxenia (1830-1889).
  5. Augusto (1831-1873). Duque de Dalecarlia.

Galería de imaxes

editar

Antepasados

editar
Predecesor:
Desideria Clary
 
Raíña Consorte de Suecia e de Noruega

8 de marzo de 18448 de xullo de 1859
Sucesor:
Luísa dos Países Baixos
  1. 1,0 1,1 1,2 Darryl Lundy, Xenealoxía de Xosefina de Leuchtenberg (en inglés).
  2. Princesse de Boulogne 1807 en Oeuvres de Napoléon Bonaparte, Volume 4.
  3. Söderhjelm, Alma & Palmstierna, Carl-Fredrik (1944): Oscar I. Stockholm: Bonnier. Libris 22887 (en sueco).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar