Abrir o menú principal

María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),[2] vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica, daquela colonia do Reino de Francia, e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia, crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.

María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie
Emperatriz consorte dos franceses
Raíña consorte de Italia
Duquesa de Navarra
Baron François Gérard - Joséphine in coronation costume - Google Art Project.jpg
Retrato da Emperatriz Xosefina

Nome completoMarie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie-Impératrice Joséphine [1]
Nacemento23 de xuño de 1763
Les Trois-Îlets, Martinica, Royal Standard of the King of France.svg Reino de Francia
Falecemento29 de maio de 1814 (50 anos)
Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Flag of France.svg Primeiro Imperio Francés
SepulturaRueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia
SucesorMaría Luísa de Austria
ConsorteAlexandre, vizconde de Beauharnais
Napoleón I
DescendenciaEugène de Beauharnais
Hortensia de Beauharnais

Escudo de Xosefina de Beauharnais
Escudo de armas de da emperatriz Xosefina

Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoaa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.

Índice

TraxectoriaEditar

Xosefina, chamada Rosa até coñecer a Napoleón, naceu e viviu na Martinica (Antillas Menores) até que en 1780 contraeu matrimonio en París con Alexandre de Beauharnais.

A finais de 1783 separouse do seu esposo e pouco despois regresa á Martinica, onde pon orde na economía familiar en medio da sublevación de escravos de 1791 e da Revolución Francesa. De regreso a París ese ano, chega xusto para á caída do Antigo Réxime e a instauración da Primeira República Francesa. Grazas aos seus contactos sociais coñece a Napoleón Bonaparte, con quen casa en 1796, dous anos despois de que o seu primeiro esposo fora axusticiado na guillotina.

En decembro de 1804 Xosefina é coroada emperatriz de Francia polo seu segundo e último esposo, Napoleón.[3] Pouco despois, en 1810, por no serlle posíbel darlle un fillo herdeiro a Napoleón, a parella divorciouse e Xosefina retirouse ao Castelo da Malmaison, da súa propiedade.

Xosefina morreu o 29 de maio de 1814, eloxiada polos franceses, que a chamaban l'bonne Josephine (Xosefina, a boa).[4]

Polo menos até outubro de 1779 Xosefina usou o seu primeiro nome, Rosa, ou o nome máis familiar, Yeyette. Despois do seu matrimonio con Alexandre de Beauharnais, asinaba Vizcondesa de Beauharnais ou ben Lapagerie de Beauharnais. O certificado de matrimonio con Napoleón viña asinado con M. R. J. Tascher, e de alí en adiante asinaba cos dous apelidos: Lapagerie-Bonaparte ou Tascher-Bonaparte. A partir de 1804 asinaba simplemente Joséphine, nome co que foi coroada emperatriz de Francia e col que se rexistraron os eventos legais da súa posteridade.[5]

NotasEditar

  1. Xenealoxía da familia Tascher de la Pagerie (en francés). tascher-de-la-pagerie.org - Último acceso 9 de setembro de 2016.
  2. Encyclopædia Britannica, Inc. citado por biography.com - Joséphine de Beauharnais Biography (1763 - 1814) Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (artigo completo dispoñíbel en inglés). Último acceso 9 de setembro de 2016.
  3. Ernest John Knapton; 1963. Empress Josephine Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés). Harvard University Press. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  4. Ernest John Knapton (revisión por Leo Gershoy) Empress Josephine (en inglés). The American Historical Review, Vol. 70, No. 2 (Jan., 1965), pp. 441-442. Publicado pola American Historical Association. Último acceso 9 de setembro de 2016.
  5. Impératrice Josephine; Correspondance, 1782-1814, Chevallier, Catinat and Pincemaille, editors (Paris: Histoire Payot, 1996), p. III. Citado por Sandra Gulland nunha carta publicada na Napoleonic Society of America. Artigo dispoñíbel na World Wide Web: [1].

Véxase taménEditar