Carlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico

emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

Carlos VI do Sacro Imperio Romano-Xermánico, tamén coñecido co nome de Carlos VI de Alemaña, nado en Viena, o 1 de outubro de 1685 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1740, foi un monarca europeo. Coñecido tamén como Arquiduque Carlos de Austria (co nome de Carlos II), foi proposto ao trono español baixo o nome de Carlos III en 1703 durante a guerra de sucesión, en oposición a Filipe de Anjou, neto de Lois XIV, obtendo vitorias nun primeiro momento pero saíu finalmente derrotado.

Modelo:BiografíaCarlos VI, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Karl VI. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1685 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1740 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, doenza gastrointestinal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Imperial de Viena Editar o valor en Wikidata
King of Sardinia and Corsica (en) Traducir
xullo de 1713 – 20 de febreiro de 1720 (Tratado de Haia (1720) (pt) Traducir)
Rei Apostólico de Hungría
17 de abril de 1711 – 20 de outubro de 1740 (finado no cargo)
← José I, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) TraducirMaría Tareixa I de Austria →
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
1711 – 1740
Rei de Bohemia
1711 – 1740
← José I, Sacro Imperador Romano-Germânico (pt) TraducirMaría Tareixa I de Austria →
Monarca da Coroa de Aragón
29 de xuño de 1706 – 7 de setembro de 1714 (Tratado de Baden)
← Filipe V de EspañaSupresión do cargo →
Príncipe elector
Arquiduque da Áustria (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Viena (1700–1740) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmonarca, coleccionista de arte Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJohann Joseph Fux Editar o valor en Wikidata
InstrumentoClavicémbalo Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Brabante (1714–1740)
Rei de Valencia
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Rei de Mallorca
King of Sardinia and Corsica (en) Traducir
Rei dos Romanos
Rei de Aragón
Conde de Barcelona
Pretendente ao trono de España Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel (1708–) Editar o valor en Wikidata
FillosArchduke Leopold Johann of Austria, María Tareixa I de Austria, Maria Ana da Áustria, Maria Amália da Áustria Editar o valor en Wikidata
PaisEmperador Leopoldo I Editar o valor en Wikidata  e Leonor Madalena de Neuburgo Editar o valor en Wikidata
IrmánsMaria Antónia da Áustria
Maria Madalena da Áustria
Maria Isabel da Áustria
Maria Ana de Áustria
María Tareixa de Austria
José I, Sacro Imperador Romano-Germânico
Archduke Leopold Joseph of Austria Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
22 de maio de 1712coroación (St. Martin's Cathedral, Bratislava (en) Traducir)
29 de xuño de 1706coroación (Catedral do Salvador de Zaragoza) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Charles VI. Editar o valor en Wikidata
BNE: XX845511 WikiTree: Habsburg-33 Find a Grave: 22648 Editar o valor en Wikidata
Carlos VI de Alemaña, pretendente á Coroa española co nome de Carlos III

Traxectoria

editar

Era o segundo fillo de Leopoldo I, que tivo coa súa terceira muller Leonor Magdalena de Pfalz-Neoburgo. Era, xa que logo, bisneto do rei español Filipe III, o cal lle permitiu reclamar os seus dereitos á Coroa de España cando esta quedou vacante pola morte (1700) sen descendencia de Carlos II. O seu educador foi Antonio Florian de Liechtenstein

O Arquiduque representou así as aspiracións da Casa de Habsburgo a recuperar a herdanza da súa extinta rama española, enfrontándose cos Borbóns de Francia - que sostiveron a candidatura do que logo sería Filipe V - na Guerra de sucesión española (1701-1714), ao mesmo tempo guerra civil e guerra internacional europea.

Trala morte do seu irmán, Xosé I de Austria, recaeron sobre Carlos o Trono de Austria e a Coroa imperial de Alemaña (1711); ao mesmo tempo, a sorte das armas éralle desfavorable na Península Ibérica, onde os apoios que tiña nos reinos da Coroa de Aragón non foran suficientes para impedir o triunfo dos Borbóns.

Xa que logo, polo Tratado de Rastatt (1714) renunciou ao Trono español (que reclamaba desde 1703), obtendo en troco para Austria importantes concesións territoriais en Italia e os Países Baixos, que recoñecían a súa vitoria na guerra fóra da Península.

Ao non ter herdeiros homes, cambiou a lexislación sucesoria para asegurar o Trono á súa filla María Tareixa de Austria (Pragmática Sanción de 1713), o que non impediu que, á súa morte, se desatase a Guerra de Sucesión austríaca (1740-1748).

De arquiduque a emperador

editar

O falecemento do seu irmán Xosé I (1711) permitiulle alcanzar a coroa imperial e, asinado en 1714 o Tratado de paz de Rastadt, renunciou ás súas pretensións sobre España e obtivo o ducado de Milán, Nápoles, Mantua, Sardeña (intercambiada con Sicilia en 1718) e os Países Baixos.

Sen herdeiro masculino, con Carlos VI extinguiríase a liña masculina da familia e, para que a súa filla María Tareixa herdase os patrimonios territoriais da casa de Habsburgo, promulgou a Pragmática Sanción de 1713, que abolía a Lei sálica pola cal, consegue despois de moitos esforzos, ser unha garantía par toda a Europa (porén, desde a chegada da súa filla, María Teresa, ova a comezar a Guerra de sucesión de Austria).

O seu reino caracterizouse pola Cuadriplícana de 1718-1719, con Francia, Inglaterra e Holanda, destinada a facer fracasar a política de Alberoni. Na guerra de 1716-1718 contra os turcos, Austria, grazas ás vitorias do Príncipe Eugène, conquistou o Banat, o norte de Bosnia, Serbia con Belgrado e unha parte do Valachie, pero volveu perder unha gran parte destes territorios na súa infeliz guerra de 1736-1739.

Realizou un importante labor reformador, modernizando o Exército e aumentando os seus efectivos, favorecendo o desenvolvemento económico do país - sobre todo, a industria e a agricultura - e participando no comercio europeo. A política exterior estivo orientada a facer prevalecer o poderío de Austria, o que lle fixo enfrontarse a España en 1717-1719, participar na guerra de sucesión polaca (1733-1738) e provocar unha segunda guerra contra os turcos.

Favoreceu en 1733 a elección do rei de Polonia, Frederico Augusto contra Estanislau, sostido por Francia; con todo, estivo obrigado polo Tratado de Viena de 1735 a abandonar a Lorena a Estanislau e Nápoles aos Borbóns de España.

Con Hungría sempre se mantivo cordial. En 1713 convocou a Dieta húngara comprometéndose ante os seus delegados a gobernar segundo as leis do reino, a respectar os dereitos da nobreza e a velar pola integridade territorial. Respecto dos Países Baixos, Carlos pretendeu gobernalos desde Viena, mediante o Consello Supremo dos Países Baixos, integrado polos flamengos e españois, pero isto non foi aceptado, e en 1725 volveu á vella organización tripartita: Consello de Estado, Consello privado e Consello de Finanzas.

A súa morte, acontecida en 1740, desencadeou outra guerra dinástica, na que participou media Europa, malia que a Pragmática Sanción fora recoñecida pola diplomacia internacional.