Carlos III de Nápoles
Carlos II de Hungría e III de Nápoles o Breve, nado en 1345 e finado en Visegrád, Hungría, en 1386, foi conde de Provenza e rei de Nápoles e titular de Xerusalén (1381 - 1386), príncipe de Aquilea (1383 - 1386) e rei de Hungría (1385 - 1386).
Carlos III de Nápoles | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1345 |
Corigliano Calabro | |
Falecemento | 24 de febreiro de 1386 |
Visegrád | |
Soterrado | Székesfehérvár |
Nacionalidade | Reino de Nápoles |
Etnia | Pobo francés |
Ocupación | político |
Pai | Louis of Durazzo, Count of Gravina |
Nai | Margaret of San Severino |
Cónxuxe | Margarida de Durazzo |
Fillos | Joana II de Nápoles e Ladislau de Nápoles |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Orixes familiaresEditar
Fillo de Luís Durazzo e da súa muller Margarida Sanseverino, descendía por liña paterna do rei Carlos II de Nápoles, de quen Carlos III era bisneto.
Ascensión ao trono napolitanoEditar
Como neto de Carlos II de Nápoles, Carlos III era o primo segundo da raíña Xoana I de Nápoles. Esta adoptouno como fillo, xa que era o único varón da liña anxevina de Nápoles. Xoana I estivo profundamente namorada del durante toda a vida, pero este nunca lle correspondeu. Con todo, en 1369 Xoana nomeouno herdeiro do trono napolitano.
Debido ao enfrontamento entre Xoana I e o Papa Urbano VI, que consideraba Nápoles como feudo papal, Xoana I apoiou a Clemente VII durante o Cisma de Occidente e foi destronada en 1381 e cedeu o reino a Carlos III[1]. Comezou a guerra da Unión de Aix, marchando cara ao reino de Nápoles cun exército húngaro, derrotou ao rei consorte Otón IV de Brunswick e cercou a cidade, ata capturar á raíña o mesmo ano 1381[2].
Non obstante, unha complicación se interpuxo no seu camiño ao trono real. Xoana I, antes de morrer en 1382, nomeou un novo herdeiro: así adoptou o conde de Anjou, Luís I de Anjou. Este tomou posesión dos condados de Provenza e Forcalquier e marchou cara a Nápoles para demandar o reino. Á súa chegada, con todo, foi derrotado por Carlos III.
Ascenso ao trono húngaroEditar
Á morte de Luís I de Hungría, Carlos III reclamou o trono húngaro como o varón máis vello da dinastía anxevina, e expulsou do trono a María I de Hungría, filla de Luís I, en decembro de 1385. Con todo, a raíña viúva organizou unha trama para asasinar a Carlos en Visegrad o 24 de febreiro de 1386.
Matrimonio e descendentesEditar
En febreiro de 1369 casou coa súa curmá Margarida de Durazzo, filla de Carlos Durazzo e María de Nápoles. Margarida era neta por liña paterna e bisneta por liña materna de Carlos II de Nápoles. Desta unión naceron tres nenos:
- A infanta María de Nápoles (1369 - 1371).
- A infanta Xoana II de Nápoles (1373 - 1435), raíña de Nápoles.
- O infante Ladislao I de Nápoles (1377 - 1414), rei de Nápoles.
Foi enterrado en Belgrado. O seu fillo Ladislao sucedeuno no Reino de Nápoles, mentres que os rexentes de María I de Hungría a reinstauraron como raíña de Hungría.
NotasEditar
- ↑ The Shorter Cambridge Medieval History (en anglès). p. 954.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda) - ↑ Istoria civile del Regno di Napoli (en italià). M. Lombardi. 1865. p. 497-498.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)