Carlos II de Anjou

Carlos II de Nápoles, chamado O Coxo, nado en 1254 e finado en Nápoles en 1309, foi rei de Nápoles e Xerusalén (titular) e Conde da Provenza (1285 - 1309).

Carlos II de Anjou
Nacementoc. 1254
Lugar de nacementoNápoles
Falecemento5 de maio de 1309 e 1309
Lugar de falecementoNápoles
SoterradoBasílica de Santa Clara
NacionalidadeReino de Nápoles
Ocupaciónmonarca
PaiCarlos de Anjou
NaiBeatriz, Condessa da Provença
CónxuxeMaria da Hungria, Rainha de Nápoles
FillosCarlos Martel de Anjou, Luís de Toulouse, Roberto I de Nápoles, Filipe I de Tarento, Raimundo Berengar de Andria, Peter Tempesta, João de Gravina, Margarida de Anjou-Sicília, Branca de Anjou, Leonor de Anjou, Maria de Anjou, Béatrice d'Anjou, Giovanni di Napoli e Tristano di Napoli
IrmánsFilipe da Sicília, Blanche of Anjou, Beatriz de Sicilia (emperatriz latina) e Isabel da Sicília
Na rede
WikiTree: Capet-577 Find a Grave: 66470249 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Moeda de Carlos II de Anjou, rei de Nápoles, conde de Anjou e Provenza, 1285-1309.

Traxectoria editar

Os seus títulos oficiais eran rei de Xerusalén e Sicilia, duque de Apulia, príncipe de Capua, príncipe de Acaia, conde de Anjou, da Provenza, de Forcalquier e de Piemonte.

Orixes familiares editar

Fillo e sucesor de Carlos I de Sicilia e da súa esposa, a condesa Beatriz da Provenza. Era neto por liña materna de Ramón Berenguer V da Provenza.

O seu pai concedeulle o título de príncipe de Salerno e señor de Lesina cando era moi novo (1266).

O 25 de febreiro de 1271 foi nomeado vigairo xeral do reino ata o 3 de xuño de 1272 e logo o 3 de marzo de 1276 ata marzo de 1277, e o 12 de xaneiro de 1283 brevemente.

Comandante da frota anxevina que se enfrontou aos cataláns na batalla do Golfo de Nápoles en 1284, onde foi feito prisioneiro.

Acceso ao trono editar

A principios de 1285 morreu en Foggia Carlos I de Anjou e Carlos II o Coxo foi proclamado sucesor pero como aínda era prisioneiro dos cataláns, exerceron a rexencia o seu sobriño Roberto, conde de Artois e Xerardo de Parmo. Con todo foi proclamado senador unico de Roma e protector de Florencia. Carlos II foi liberado en virtude dos tratados de Oloron e de Canfranc e foi coroado en Rieti o 29 de maio de 1289, recibindo do papa o título de Carlos de Palermo e o de rei de Sicilia (título só nominal dado que Sicilia xa tiña un rei catalán). Asinouse unha tregua por dous anos.

Matrimonio e descendencia editar

Casou en 1270 con María de Hungría, irmá e herdeira do rei Ladislau IV e filla do rei Estevo V de Hungría, con quen tivo catorce fillos:

Política mediterránea editar

En 1284, a frota catalá de Ruggero di Lauria foi atacada preto de Nápoles polos anxevinos ao mando de Carlos o Coxo; despois dun primeiro contacto Roger pretendía retirarse a Castellmare pero este parou e comezou a loitar no medio das augas do golfo de Nápoles destruíndo a frota anxevina o 5 de xuño de 1284 na batalla do golfo de Nápoles. Carlos o coxo foi feito prisioneiro. Ruggero di Lauria deixou o seu importante prisioneiro en Sicilia e foi a Calabria en agosto e conquistou unha parte dela. En 1285 asinouse o Tratado de Cefalú, o tratado entre Carlos II de Anjou e Pedro o Grande da Coroa de Aragón, polo cal Carlos, prisioneiro de Pedro en Cefalú, renunciou á illa de Sicilia en favor de Xaime, o futuro Xaime o Xusto da Coroa de Aragón, e a cambio foi liberado. Tamén se estableceu o matrimonio de Xaime cunha filla de Carlos, e o da princesa catalá, Violante, cun dos fillos de Carlos. Aínda que Carlos o ratificou tras ser liberado, pero aínda en territorio catalán, nin Francia nin o Papa recoñeceron o tratado.

En 1291 Acre foi conquistada polos musulmáns o 28 de maio, o que supuxo a perda da súa última posesión no reino de Xerusalén, título que se converteu en nominal. Pola súa banda Hugo de Sully, mantivo as posesións en Albania contra os gregos e os serbios.

En febreiro de 1291 asinouse a paz de Tarascón entre o Condado de Valois e o Reino de Francia dun lado e a Coroa de Aragón polo outro, polo que a casa de Valois renunciou aos reinos cataláns que lle cedera o Papa e o rei Afonso recoñecíase feudatario do Papa, prometía ir á cruzada e retiráballe a axuda ao seu irmán Xaime I rei de Sicilia. Carlos II adheriuse ao tratado polo acordo de Brignols. Pouco despois (18 de xuño) Afonso II morreu con só 27 anos, e sucedeuno o seu irmán Xaime I de Sicilia, dito "O Xusto", coa condición testamentaria de que o reino de Sicilia haba de pasar ao seu irmán Frederico, cousa á que o novo rei non fixo caso. Pouco despois retomouse a guerra contra Nápoles que esixia a separación das dúas coroas. Ruggero di Lauria tivo a oportunidade de gañar máis batallas en 1292, 1293 e 1294.

En 1294, Carlos II cedeu o Reino de Albania ao seu fillo Filipe de Tarento, casado con Itámar Comnena, filla do príncipe Nicéforo Comneno de Epiro.

A paz de Agnani editar

En 1295 a paz de Anagni (xuño) entre Francia, Valois, Nápoles e Cataluña-Aragón puxo fin provisional á loita. Xaime, que arranxara o seu enlace con Isabel de Castela, anulou este acordo e casou con Branca, filla de Carlos II, e renunciaba a Sicilia e Calabria; Roberto, fillo de Carlos II, casaría con Violante de Aragón, filla de Pedro o Grande de Aragón e irmá de Xaime I de Sicilia. Ademais, o tratado establecía o regreso do Reino de Mallorca (sen a illa de Menorca) ao rei Xaime II de Mallorca. Carlos de Valois ratificaba a súa renuncia á investidura papal dos reinos cataláns e o Papa como desgravio cedia a investidura das illas de Córsega e Sardeña (baixo o control efectivo de Xénova e Pisa, pero das que o Papa tiña o alto señorío feudal) ao rei catalán. Na illa de Sicilia o regreso dos anxevinos foi moi mal visto e preparronse a se opor. Ischia foi o primeiro territorio a onde regresaron os cataláns.

O parlamento siciliano reuniuse en Catania o 15 de xaneiro de 1296 e rexeitou a entrega do país a Carlos II. O rei Xaime II foi declarado sen dereito ao reino e en virtude do testamento do seu pai que o obrigaba a cedelo ao seu irmán, este, Frederico, foi proclamado rei o 25 de marzo de 1296 e foi coroado en Palermo.

Continuación da guerra editar

Carlos reaccionou ante a coroación de Frederico II de Sicilia declarándolle a guerra e preparando unha invasión de Sicilia co apoio de Xaime o Xusto, pero foi Frederico o que invadiu o territorio napolitano. Os cataláns invadiron Sicilia e cercaron Siracusa, que resistiu, pero conquistaron Catania. O intento de levantar Calabria contra Frederico fracasou porque o gobernador Blasco de Alagón o Vello derrotou a Ruggero di Lauria na batalla de Squillace.

Os asediadores de Siracusa foron acurralados en Patti en 1298 e os socorros aos cataláns ao mando do almirante Xoán de Lauria foron rexeitados e finalmente quen conseguiu levantar o cerco de Patti foi Ruggero di Lauria pero tiveron que renunciar á conquista de Siracusa. Roger derrotou aos sicilianos na batalla de Cabo Orlando o 4 de xullo de 1299, pero os sicilianos reconquistaron Catania. Libráronse as batallas de Falconara e Gagliano, vantaxosas para os sicilianos. A frota siciliana foi aniquilada polos cataláns na batalla de Ponza o 14 de xuño de 1300.

En 1301 as forzas de Carlos II asediaron Messina pero foron rexeitadas. Debido á peste, arranxouse unha tregua dun ano. Cando se retomou a guerra, a guerrilla siciliana era tan activa que Carlos II tivo que negociar a paz. Asinouse a Paz de Caltabellotta en 1302 pola que Frederico foi recoñecido rei vitalicio de Sicilia, a menos que obtivese ou ben o reino de Chipre ou ben o de Sardeña; o título de rei de Sicilia portariao Carlos II e Frederico só sería rei de Trinacría. Frederico renunciaba a Calabria e casaba con Leonor, filla de Carlos. Á morte de Frederico, o reino de Trinacria debería pasar a Carlos II ou aos seus descendentes.

Toma de Florencia editar

Tras este acordo, Carlos, que perdera o control de Florencia, puido dedicarse a recuperalo, que conseguiu pronto. Máis ao norte conquistou Alba, Asti e Mondovi no Piemonte (1303) e creou o condado do Piemonte que cedeu a Rinaldo di Leto en 1304. Xefe do partido güelfo en Italia, unha filla súa, Beatriz, casou co güelfo Azzo VIII de Este, señor de Ferrara en 1305. Carlos aumentou a súa influencia na Lombardía e a Liguria.

O seu fillo Filipe de Tarento recuperou os dereitos do seu tío Filipe (irmán de Carlos II) e da súa muller Isabel de Villehardouin sobre o Principado de Acaia e foi proclamado príncipe en 1307.

Morreu o 5 de maio de 1309 e sucedeuno o seu fillo Roberto I de Nápoles.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar