Carlos Martel de Anjou
Carlos Martel, nado en Nápoles o 8 de setembro de 1271 e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1295, coñecido como Carlos I Martel, Carlos Martel de Anjou ou, en italiano, Carlo Martello, foi o primoxénito do rei Carlos II de Nápoles da Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e María de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría.
Carlos Martel de Anjou | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de setembro de 1271 |
Lugar de nacemento | Nápoles |
Falecemento | 12 de agosto de 1295 |
Lugar de falecemento | Nápoles |
Causa | peste |
Soterrado | Catedral de Nápoles |
Nacionalidade | Reino de Nápoles |
Ocupación | político |
Pai | Carlos II de Anjou |
Nai | Maria da Hungria, Rainha de Nápoles |
Cónxuxe | Clemência de Habsburgo |
Fillos | Carlos I da Hungria, Clemência da Hungria e Beatriz da Hungria |
Irmáns | Maria de Anjou, Leonor de Anjou, Branca de Anjou, Margarida de Anjou-Sicília, Luís de Toulouse, Peter Tempesta, Roberto I de Nápoles, Raimundo Berengar de Andria, João de Gravina e Filipe I de Tarento |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Pretendente ao Reino de HungríaEditar
Aos 18 anos, en 1290, foi declarado polo Papa e polo partido eclesiástico como rei titular de Hungría como sucesor do seu tío materno Ladislau IV de Hungría, que morrera sen fillos e contra o cal o Papa xa declarara unha cruzada.
Non obstante, nunca obtivo o goberno de Hungría onde reinaba de forma efectiva o seu curmán André III de Hungría, da dinastía Árpád.
DescendentesEditar
Casou con Clemencia de Habsburgo, a filla de Rodolfo I do Sacro Imperio Romano, coa que tivo tres fillos:
- Carlos Roberto (1288-1342), rei de Hungría.
- Beatriz (1290-1354), muller de Xoán II de La Tour du Pin.
- Clemencia (1293-1328), muller de Luís X de Francia.
Carlos Martel morreu novo, cos seus pais aínda vivos. O seu fillo, Carlos Roberto, recuperou os dereitos dinásticos ao trono de Hungría.
Parece que Carlos Martel era coñecido por Dante Alighieri, xa que cando aparece na súa Comedia do Paraíso de Venus, fala de xeito familiar co poeta florentino.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Martel de Anjou |