Carlos Martel de Anjou

Carlos Martel, nado en Nápoles o 8 de setembro de 1271 e finado na mesma cidade o 12 de agosto de 1295, coñecido como Carlos I Martel, Carlos Martel de Anjou ou, en italiano, Carlo Martello, foi o primoxénito do rei Carlos II de Nápoles da Primeira Dinastía Capetiana de Anjou-Sicilia e María de Hungría, filla do rei Estevo V de Hungría.

Carlos Martel de Anjou
Martell károly.jpg
Nacemento15 de setembro de 1271
Lugar de nacementoNápoles
Falecemento12 de agosto de 1295
Lugar de falecementoNápoles
Causapeste
SoterradoCatedral de Nápoles
NacionalidadeReino de Nápoles
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos II de Anjou
NaiMaria da Hungria, Rainha de Nápoles
CónxuxeClemência de Habsburgo
FillosCarlos I da Hungria, Clemência da Hungria e Beatriz da Hungria
IrmánsMaria de Anjou, Leonor de Anjou, Branca de Anjou, Margarida de Anjou-Sicília, Luís de Toulouse, Peter Tempesta, Roberto I de Nápoles, Raimundo Berengar de Andria, João de Gravina e Filipe I de Tarento
Na rede
WikiTree: Anjou-286 Find a Grave: 59117125 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Escudo de armas de Carlos Martel de Anjou

TraxectoriaEditar

Pretendente ao Reino de HungríaEditar

Aos 18 anos, en 1290, foi declarado polo Papa e polo partido eclesiástico como rei titular de Hungría como sucesor do seu tío materno Ladislau IV de Hungría, que morrera sen fillos e contra o cal o Papa xa declarara unha cruzada.

Non obstante, nunca obtivo o goberno de Hungría onde reinaba de forma efectiva o seu curmán André III de Hungría, da dinastía Árpád.

DescendentesEditar

Casou con Clemencia de Habsburgo, a filla de Rodolfo I do Sacro Imperio Romano, coa que tivo tres fillos:

Carlos Martel morreu novo, cos seus pais aínda vivos. O seu fillo, Carlos Roberto, recuperou os dereitos dinásticos ao trono de Hungría.

Parece que Carlos Martel era coñecido por Dante Alighieri, xa que cando aparece na súa Comedia do Paraíso de Venus, fala de xeito familiar co poeta florentino.