Lingua napolitana

O napolitano[2] (napulitano) é a lingua romance falada en Campania e varias rexións veciñas do sur de Italia (Abruzos, Basilicata, Calabria, Lacio, Molise e Puglia) por máis de 7,8 millóns de persoas. Como todas as linguas romances, o napolitano deriva do latín, mais ten influencia española, francesa e normanda.

Napolitano
Napulitano
Falado en: Italia Italia
Rexións: Abruzos, Basilicata, Calabria, Campania, Lacio, Molise e Puglia
Total de falantes: 7,8 millóns
Familia: Indoeuropeo
 Itálico
  Románico
   Románico oriental
    Italo-románico
     Napolitano
Estatuto oficial
Lingua oficial de: En ningún país
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: nap
ISO 639-3: nap
SIL: NPL
Mapa
Status

O napolitano está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Distribución editar

Os dialectos napolitanos distribúense na maior parte continental do sur de Italia, historicamente unido durante o Reino de Nápoles e o Reino das Dúas Sicilias. Os abondosos dialectos deste grupo lingüístico inclúen o napolitano, irpino, cilentano, ascolano, teramano, abruzzese oriental adriatico, abruzzese occidentale, molisano, dauno-appenninico, garganico, apulo-barese, lucano e cosentino.

Os dialectos son parte dun forte e variado continuo dialectal, polo que os distintos dialectos no sur do Lacio, As Marcas, os Abruzos, Molise, Puglia, Lucania e Calabria normalmente se poden recoñecer como grupos de dialectos rexionais. No Abruzzo oriental e o Lacio os dialectos dan paso aos dialectos italianos centrais como o romanesco, ao sur na Calabria central e no sur de Puglia os dialectos dan paso á lingua siciliana. En gran parte debido á masiva inmigración do sur de Italia no século XX, hai tamén o número de falantes na diáspora italiana nas súas comunidades de Estados Unidos, Canadá, Australia, Brasil, Arxentina e Venezuela.

O napolitano ten tamén unha significante influencia no acento do castelán rioplatense, propio da rexión arxentina de Buenos Aires.[3]

Características editar

O napolitano é xeralmente considerado como unha lingua italo-románica. Aínda que existen diferenzas notables entre os diversos dialectos todos eles son polo xeral mutuamente intelixibles. Probablemente debido a isto varée tanto o número calculado de falantes[4]. A linguaxe no seu conxunto a miúdo foi vítima da súa situación como unha "linguaxe sen prestixio". O italiano estándar e o napolitano teñen unha comprensión variable, que depende tanto de factores afectivos como lingüísticos. Existen notables diferenzas gramaticais como os substantivos en forma neutra ou a formación do plural única. A súa evolución foi similar á do italiano e outras linguas romances das súas raíces do latín falado.

O napolitano gozou dunha rica historia literaria, musical e teatral (entre os que destacan Giambattista Basile, Eduardo de Filippo, Salvatore di Giacomo ou Totò). Ademais grazas a este patrimonio e á obra musical de Renato Carosone na década de 1950, o napolitano está aínda en uso na música popular, incluso gañando renome nacional nas cancións de Pino Daniele e da Nuova Compagnia di Canto Popolare. Son famosos cancións napolitanas 'O surdato 'nnammurato, 'O Sole mio e Funiculì, funiculà.

O idioma non ten carácter oficial en Italia e non se ensina nas escolas. A Universidade Federico II de Nápoles ofrece (dende 2003) cursos de dialectoloxía da Campania na Facultade de Socioloxía, cuxo obxectivo real non é ensinar aos estudantes a falar a lingua, senón o estudo da súa historia, o seu uso, a literatura e a súa función social. Tamén hai en curso intentos lexislativos a nivel nacional para que se lle recoñeza como idioma oficial minoritario de Italia.

A continuación reprodúcese o nosopai na lingua napolitana falado en Nápoles e nun dialecto do norte de Calabria, en contraste cunha variedade de Calabria, o siciliano, italiano e galego.

Napolitano (Nápoles) Napolitano (Calabrés) Siciliano Italiano Galego
Pate nuoste ca staje 'ncielo, Patre nuorru chi sta ntru cielu, Nunnu nostru, ca inta lu celu siti Padre Nostro, che sei nei cieli, Noso Pai que estás no ceo:
santificammo 'o nomme tuojo chi sia santificatu u nume tuoio, mu santificatu esti lu nomu vostru: sia santificato il tuo nome. santificado sexa o teu nome,
faje vení 'o regno tuojo, venisse u riegnu tuoio, Mu veni lu regnu vostru. Venga il tuo regno, veña a nós o teu reino
sempe c' 'a vuluntà toja, se facisse a vuluntà tuoia, Mu si faci la vuluntati vostra sia fatta la tua volontà, e fágase a túa vontade
accussí 'ncielo e 'nterra. sia nto cielu ca nterra. comu esti inta lu celu, accussì incapu la terra come in cielo, così in terra. aquí na terra coma no ceo.
Fance avé 'o ppane tutt' 'e juorne Ranne oje u pane nuorro e tutti i juorni, Dunàtini ogghi lu nostru panuzzu. Dacci oggi il nostro pane quotidiano, O noso pan de cada día dánolo hoxe;
lièvace 'e dièbbete perdunacce i rebita nuorri, E pirdunàtini li nostri dèbbiti, e rimetti a noi i nostri debiti, e perdóano-las nosas ofensas
comme nuje 'e llevamme a ll'ate, cumu nue perdunammu i rebituri nuorri. comu nuautri li pirdunamu a li nostri dibbitura. come noi li rimettiamo ai nostri debitori. como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
nun 'nce fa spantecà, Un ce mannare ntra tentazione, E nun lassàtini cascari inta la tintazziuni; E non ci indurre in tentazione, e non nos deixes caer na tentación,
e llievace 'o mmale 'a tuorno. ma liberacce e ru male. ma scanzàtini di lu mali. ma liberaci dal male. mais líbranos do mal.
Ammèn. Ammèn. Ammèn. Amen. Amen.

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para napolitano.
  3. Convergence and intonation: historical evidence from Buenos Aires Spanish
  4. Moitas wikipedias dan ese dato de 7,8 millóns de falantes (a catalá, a éuscara, a neerlandesa, a portuguesa, a rusa) aínda que outras varían nun abano entre 5,8 (a inglesa, a francesa, a italiana) e 11 (a castelá)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar