Carlos IV de Francia
Carlos IV, nado en Clermont o 18/19 de xuño de 1294 e finado en Vincennes o 1 de febreiro de 1328, alcumado o Fermoso (francés: le Bel) foi conde de Champagne, rei de Navarra (como Carlos I) e rei de Francia, o derradeiro da liña directa Capeta, desde 1322 ata a súa morte.
Carlos IV o Fermoso | |
---|---|
Rei de Francia Rei de Navarra | |
![]() | |
Carlos o Fermoso como rei de Francia Biblioteca Nacional de Francia | |
Rei de Francia | |
Predecesor | Filipe V |
Sucesor | Filipe VI |
Rei de Navarra | |
3 de xaneiro de 1322 - 1 de febreiro de 1328 | |
Predecesor | Filipe V |
Sucesor | Xoana II |
Reinado | 3 de xaneiro de 1322 - 1 de febreiro de 1328 |
Coroación | 21 de febreiro de 1322, en Reims |
Outros títulos | Conde de La Marche (1314-1322), Conde de Champaña e Brie |
Nacemento | c. 1294 Clermont, Picardía, Francia |
Falecemento | 1 de febreiro de 1328 Vincennes, Illa de Francia, Francia |
Sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Cónxuxe/s | Branca de Borgoña (1296-1326) María de Luxemburgo (1304-24) Xoana de Evreux (1310-71) |
Descendencia | María (1327-41) Branca de Orleáns (1328-45) |
Casa real | Capetos |
Proxenitores | Filipe IV Xoana I de Navarra |
![]() Escudo de armas do Reino de Francia e Navarra | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
Traxectoria Editar
Carlos foi o terceiro fillo de Filipe IV. Desde 1323 tivo que facer fronte á revolta campesiña en Flandres e, en 1324, foi sen éxito candidato á monarquía electiva xermánica. Como duque de Aquitania, Eduardo II de Inglaterra foi vasalo de Carlos, pero este se negou a render homenaxe a outro rei, e como consecuencia estoupou a coñecida como Guerra de San Sardos (1324) durante a que Carlos conquistou o ducado pero no tratado de paz, Eduardo II aceptou xurar lealdade e pagar un tributo, como consecuencia, Carlos devolveulle o ducado pero cun territorio máis reducido.
Á morte de Carlos IV sen herdeiro masculino, quedou extinguida a liña directa da dinastía dos Capetos, sucedéndolle o seu primo Filipe de Valois, pero a súa lexitimidade cuestionada foi unha das causas que conduciron á Guerra dos Cen Anos.