Lingua letoa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
O letón[2] é a lingua falada en Letonia, formando parte do subgrupo do leste das linguas bálticas que á súa vez pertence á familia de linguas indoeuropeas. Non é polo tanto nin xermánica nin eslava. A única lingua viva coa que mantén unha relación achegada de parentesco é o lituano. Porén, aínda que estean emparentadas, o vocabulario de ambas as dúas varía considerabelmente, polo que non son mutuamente intelixíbeis.
Letón latviešu valoda | ||
---|---|---|
Falado en: | Letonia | |
Total de falantes: | 1,7 millóns aprox. | |
Posición: | non está entre as 100 máis faladas | |
Familia: | Indoeuropea Báltica Báltica oriental Letón | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Letonia Unión Europea | |
Regulado por: | Centro Estatal da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | lv
| |
ISO 639-2: | lav | |
ISO 639-3: | lav
| |
Mapa | ||
Status | ||
Esta lingua conta cuns 1 500 000 de falantes en Letonia e uns 200.000 fóra do país.
O letón é unha lingua flexiva con varias formas analíticas, tres dialectos, e con influencia sintáctica xermana. Ademais, ten dous xéneros gramaticais. Cada nome declínase en sete casos: nominativo, xenitivo, dativo, acusativo, instrumental, locativo e vocativo.
Historia
editarO letón xorde como lingua específica durante o século XVI, a partir do latgalián e asimilando o curonio, o semgalián e o selonio, todas elas pertencentes ao grupo de linguas bálticas.
A mostra máis antiga de letón escrito data do 1530. É unha tradución de himnos feita por Nicholas Ramm, un pastor alemán en Riga.
Ortografía
editarHistoricamente, o letón escribiuse usando un sistema baseado en principios fonéticos do alemán. Ao comezo do século XX, ese sistema foi substituído por outro máis axeitado desde o punto de vista fonético, usando unha modificación do alfabeto latino con 33 letras. A ortografía letoa reproduce a pronunciación á vez que usa fielmente o alfabeto latino.
Hoxe en día, o alfabeto letón padrón consta de 33 letras:
A | Ā | B | C | Č | D | E | Ē | F | G | Ģ | H | I | Ī | J | K | Ķ | L | Ļ | M | N | Ņ | O | P | R | S | Š | T | U | Ū | V | Z | Ž |
a | ā | b | c | č | d | e | ē | f | g | ģ | h | i | ī | j | k | ķ | l | ļ | m | n | ņ | o | p | r | s | š | t | u | ū | v | z | ž |
O alfabeto letón carece das letras «q, w, x, y», mais usa letras modificadas por unha serie de diacríticos:
- Un macrón sobre as vogais «a, e, i, ou», que marca as vogais longas (ā, ē, ī, ū, e historicamente tamén ō);
- Un caron sobre a «c», a «s» e a «z», que marca as consoantes palatalizadas (č, š, ž);
- Unha coma baixo ou sobre algunhas consoantes marca unha variedade "palatal" (ģ, ķ, ļ, ņ, e historicamente tamén ŗ);
Ö só se usa no dialecto «letgaliano». Non se usa no letón oficial desde os anos 1940.
Os ditongos en letón «ai, au, ei, ia, iu, ui, ua, oi» escríbense «ai, au, ei, ie, iu, ui, ou, oj».
Cada fonema ten a súa propia letra (coa excepción de «dz» e dž, e os dous sons escritos como «e»). O acento na gran maioría dos casos ocorre na primeira sílaba.
Lingua e política
editarAo longo da historia, Letonia tivo unha relación conflitiva con Alemaña, Suecia, Rusia e Polonia, e sempre foi un país multicultural. Durante a época da Ocupación Soviética (1940-1941; 1945-1991) a política de «rusificación» influíu de xeito considerábel na lingua letoa. Ao longo destes dous períodos, arredor duns 340.000 letóns, aproximadamente un terzo do total da poboación, foron deportados e perseguidos. Todo isto seguido dunha inmigración masiva proveniente doutras repúblicas soviéticas tales como Rusia, Ucraína ou Belarús. A poboación de etnia letoa reduciuse en Letonia do 80% en 1935 ao 52% en 1989. A maioría dos inmigrantes que se asentaron en Letonia non aprenderon letón. Hoxe en día o letón é a lingua materna de aproximadamente o 60% da poboación nacional.
Tras o restabelecemento da independencia en 1991, introduciuse unha nova política lingüística. Actualmente, mantense un obxectivo fundamental de integrar a todos os cidadáns independentemente de cal sexa o seu coñecemento da lingua oficial. Aínda así mantense unha política para protexer as linguas das minorías. Algúns especialistas pensan que estes programas poden contribuír ao declive total do letón. As minorías que reciben un ensino bilingüe con orzamento público son de comunidades rusas, xudías, polacas, lituanas, ucraínas, belarusas e estonas; nos seus colexios ensínase o letón como segunda lingua nos primeiros anos para incentivar a adquisición dunha competencia na lingua oficial e asegurar a súa integración social.
A Lei sobre a Lingua Nacional adoptouse o 9 de decembro de 1999.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para letón.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua letoa |