Traba, Laxe

parroquia civil do concello de Laxe

Santiago de Traba é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (253 homes e 229 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 658 habitantes.

Traba
Igrexa de Santiago de Traba.
ConcelloLaxe[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°10′52″N 9°02′07″O / 43.181079, -9.035152Coordenadas: 43°10′52″N 9°02′07″O / 43.181079, -9.035152
Poboación482 hab. (2018)
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

A orixe do topónimo podería estar no substantivo latino tabula (táboa, referido neste caso á chaira cadrada onde se atopa a vila e onde houbo un castelo medieval)[2]

Historia editar

A liñaxe dos Traba, poderosa familia nobre do antigo Reino de Galiza, era orixinaria desta parroquia, onde existiu un castelo medieval[2].

Patrimonio editar

A igrexa de Santiago de Traba foi construída orixinalmente a finais do século XII, pero foi reformada posteriormente. Na fachada barroca con aspecto renacentista destacan as columnas salomónicas, a figura de Santiago Matamouros e a imaxe da Virxe na Ascensión, flanqueada por San Francisco, San Pedro e Adán e Eva.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Traba editar

Lugares da parroquia de Traba no concello de Laxe (A Coruña)

Agravil | Boaño | A Cabanela | O Campo dos Bois | O Campodorreiro | O Canle | O Carballal | Cernado | A Costa | Cuíña | Os Foxiños | As Melgueiras | Mórdomo | Socasas | Tella | Tras do Río

Parroquias de Laxe editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe

Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar