Río Anllóns

río que desemboca na ría de Corme e Laxe

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace nos montes do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo.[1][3], a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha)[4], e desemboca na ría de Corme e Laxe.

Río Anllóns
O río Anllóns ó seu paso baixo a ponte de Ponteceso.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoPedra de Santa Marta nos montes do Xalo, entre Mantiñán (A Laracha) e a Ermida (Culleredo) [1], ou segundo outros autores na
fonte de Miguel Belido en Soandres (A Laracha)
Lonxitude54,4 km [2]
Conca516,3 km² [2]
Caudal medio11,4 m³/s [2]
Caudal relativo22,1 L/s/km² [2]
DesembocaduraRía de Corme e Laxe
Altitude desembocadura0 m
Cuncas dos ríos que desembocan na ría de Corme e Laxe, en azul

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanco ata case a ría de Corme e Laxe. Foi declarado como zona especial de conservación (ZEC) Zona especial de conservación do Río Anllóns en 2014.[5][6]

Toponimia editar

O topónimo Anllóns, que lle dá nome ao río, podería provir de angulones, do latín angulus, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.[7]

Descrición editar

Percorrido

Percorre 54,4 km polos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.[1][8]

Afluentes

Recibe as augas dun bo número de regatos como o Rosende, Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.

Réxime hídrico

O seu caudal medio é de 9.931 m³/s.

Intervención humana editar

Construcións

No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.

Aproveitamento

No concello de Ponteceso atópase o encoro de Anllóns, da empresa Hisdrospania, e no de Cabana de Bergantiños o de Corcoesto, de Gas Natural Fenosa.

Galería de imaxes editar

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Anllóns

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "Cartografía Raster" (Mapa). Iberpix. Buscar Mantiñán. (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 12/10/2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. pp. 107–108. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  3. Anexo 7: Geomorfología - Augas de Galicia Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. "Ruta A Laracha - Soandres". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  5. ". Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  6. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2017. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017. 
  8. Río Anllons :: El río de la comarca de Bergantiños Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar