Ría de Corme e Laxe

A ría de Corme e Laxe é unha pequena ría galega que forma parte do conxunto das rías Medias que están englobadas nas rías Altas.

Ría de Corme e Laxe
Localización administrativa
EstadoGaliza Galiza
DivisiónGaliza Galiza
SubdivisiónA Coruña
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
Coordenadas43°15′N 9°00′O / 43.250, -9.000
Xeografía
AfluentesRío Anllóns
Cidades ribeiregasCorme e Laxe
Accidentes
CabosCabo Roncudo ao norte e cabo Laxe ao sur.
Características
Outros datos
Parte das:Rías Medias nas rías Altas
Dentro da:Costa da Morte
Mapa

Situación da ría de Corme e Laxe

Situación xeográfica editar

A ría de Corme e Laxe está na costa noroccidental de Galicia, na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Fórmase na desembocadura do río Anllóns, tomando o seu nome das vilas de Laxe e Corme que se atopan na entrada de dita ría. Está limitada polo cabo Roncudo ao norte e polo cabo Laxe ao sur.

A ría baña os concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe.

Por esta ría pasa a 2ª e 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Praias e portos editar

 
Panorámica da praia e do porto de Laxe

Posúe numerosas praias ao longo da costa. No concello de Ponteceso están as da Hermida, Osmo e Balares. No concello de Cabana están as praias de Rebordelo e de San Pedro. No concello de Laxe a máis importante é a praia de Laxe.

Posúe dous portos pesqueiros, o porto de Corme e o porto de Laxe.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.