Praia de Rebordelo

areal en Canduas, Cabana de Bergantiños

A praia Rebordelo é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños. Está bañada polas augas do océano Atlántico onde se forma a ría de Corme e Laxe en plena Costa da Morte.

Praia de Rebordelo
Vista da praia de Rebordelo.
Características xerais
Lonxitude250 m
Largo medio45 m
Grao de ocupaciónMedio
Grao de urbanizaciónNingún
Características específicas
Tipo de areaGrosa
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Accesibilidade
Tipo de accesoEstrada
Sinalización do accesoSi
Fervenza de Rebordelo.

Ten un fácil acceso dende o lugar de Rebordelo e é a praia máis visitada polos veciños cabaneses e polos turistas, debido en gran parte a que esta salvagardada de case todos os tipos de vento. Nesta praia desemboca o rego de Rebordelo, e tamén ten unha fervenza natural de augas claras.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como a maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Conta cun pequeno aparcadoiro e duchas, e no verán con servizo de socorrismo. É a única praia de Cabana que conta con grellas e mesas.

Por esta praia pasa a 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar