Castro de Castrelo
O Castro de Castrelo é un castro galaico, datado aproximadamente entre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era, pertencente á denominada cultura castrexa.
Castro de Castrelo | |
---|---|
Parroquia | Soesto |
Concello | Laxe |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15040009 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | Entre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era (imprecisa) |
Data da descuberta | 2009 |
Períodos de escavación | 2009 |
Estado actual | Escavado parcialmente |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Situación
editarO castro está situado no lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe, moi cerca da estrada AC-433, que une Laxe coa Ponte do Porto.
Descrición
editarA escavación, realizada entre varias casas da aldea, amosa un gran muro dun ancho superior aos tres metros, cunha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cobren o seu chan. A muralla posúe un característico escalonado común a outras escavacións da Idade de Ferro en Galiza. Ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta que está tapiada, algo que se repite uns metros máis ao norte, onde atopamos outra porta tapiada.[1]
Na zona interior do castro aprécianse os posibles inicios dun corpo de garda, un achado pouco habitual nas escavacións de castros galegos. O castro presenta unha interesante configuración de plataformas e parapetos, agochados baixo un piñeiral.[1]
Escavacións
editarAínda que o castro xa estaba catalogado por Patrimonio, non foi ata o inicio das obras de ampliación da estrada AC-433, en 2009, cando o poboado saíu á luz. As escavacións do Castrelo iniciáronse a raíz da resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura na Coruña do 28 de abril de 2009, na que se expuña que o trazado das obras proxectadas para a mellora da estrada afectaba á área de cautela do xacemento arqueolóxico. A lexislación galega implicaba a realización dunha serie de intervencións arqueolóxicas previas para avaliar as implicacións do proxecto sobre o patrimonio histórico da zona, se ben as primeiras escavacións comezaron en febreiro dese mesmo ano.[2][3] As escavacións comezaron no verán dese mesmo ano, centrándose na parte do xacemento máis próxima ao trazado inicial da vía.[4]
O descubrimento do castro fixo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas planificar a modificación do trazado da estrada.[4]
As investigacións desenvolvéronse en tres fases sucesivas:
- Prospección: Os traballos sacaron á luz a muralla exterior do recinto, que resultou ser máis amplo do que se pensaba nun principio, segundo explicou o arqueólogo Juan Cano. Porén, os estudos non foron máis aló e a pequena área escavada só puxo de manifesto que o asentamento estaba rodeado dunha dobre muralla e que a porta de entrada foi modificada en tres ocasións, así como a datación estimada en 2.200 anos.[4]
- Porén os traballos non superaron a entrada, polo que se descoñece se a croa é un espazo baleiro ou se polo contrario conta con restos de construcións. As escavacións non permitiron desvelar a importancia real que poida ter o xacemento, xa que case non se produciron achados, posiblemente a causa de terse escavado nunha zona exterior do castro.
- Sondaxes arqueolóxicas:
- Escavación en área:
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Importante achado arqueolóxico na ampliación da estrada a Laxe
- ↑ Pai Augusto, páx 792
- ↑ La obra de la AC-433 saca a la luz un yacimiento castrexo en Soesto en La Voz de Galicia (19 de agosto de 2009)
- ↑ 4,0 4,1 4,2 La Xunta estudia cambiar el trazado de la AC-433 para proteger un castro en La Voz de Galicia (26 de novembro de 2009)
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- PAI AUGUSTO, Diego Restos cerámicos recuperados en la excavación arqueológica en "O Castrelo", Laxe, A Coruña
- Importante achado arqueolóxico na ampliación da estrada a Laxe
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |