Gondomil, Corme Aldea, Ponteceso
lugar da parroquia de Corme Aldea, no concello de Ponteceso
Gondomil é un lugar da parroquia de Corme Aldea no concello coruñés de Ponteceso na Comarca de Bergantiños. Tiña 13 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.
Gondomil | |
---|---|
Pedra da Serpe. | |
Parroquia | Corme Aldea |
Concello | Ponteceso |
Coordenadas | 43°15′46″N 8°56′36″O / 43.262911111111, -8.94345Coordenadas: 43°15′46″N 8°56′36″O / 43.262911111111, -8.94345 |
Poboación | 13 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedra da serpe
editarUn dos elementos máis característicos é a Pedra da Serpe, ou da Serpenta, no lugar de Gondomil. Trátase dunha rocha sobre a que está gravada unha serpe, posible ara dun antigo culto ofilátrico que rematou sendo cristianizada colocándolle un cruceiro enriba.
Persoeiros
editar- Francisco Mourelle de la Rúa navegante e descubridor.
Lugares e parroquias
editarLugares de Corme Aldea
editarLugares da parroquia de Corme Aldea no concello de Ponteceso (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea | As Areas | Candelago | A Costa | A Escobia | Froxán | Gondomil | A Granxa | Guxín | As Pedras Miúdas | O Roncudo |