Ponte de Brandomil

ponte sobre o río Xallas en Brandomil, Zas

A ponte de Brandomil é unha ponte de pedra altomedieval que se atopa no lugar de Brandomil, na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas.

Ponte de Brandomil
Localización
Coordenadas43°00′29″N 8°55′20″O / 43.008008, -8.922149
RíoRío Xallas
ConcelloZas
ProvinciaA Coruña
Características
Construciónorixe romana (s. I). Construción actual: época altomedieval: século XI ou XII (restauracións no s. XVIII).
Lonxitude70 m
Ancho4,5 m
Tiporománico medieval (orixe: romana)
Materialcantaría (perpiaño de granito)

Historia

editar

Ao parecer, no lugar de Brandomil (topónimo de orixe sueva) en época romana existía un importante cruzamento de vías que comunicaba o norte da Gallaecia coa costa Finisterrae e o sur. A coñecida vía Per Loca Marítima (vía XX do itinerario de Antonino) pasaría polo lugar. Xusto á beira da ponte existía un castro galaico que daría lugar a un posterior asentamento romano, cunha casa-vila romana Grandimiro (Claudomerius), pertencente ao itinerario IV de Antonino. Os romanos tiveron interese en se asentar nesta zona polas próximas minas de estaño do lugar de Limideiro. Isto xustifica a construción dunha ponte sobre o río Xallas.

A inicial ponte romana, da que non quedan restos, sería modificada arredor do século XI ou XII, canto toma a feitura que se conserva. No século XVIII foi lixeiramente reforzada.[1] En 1989 o arco central derrubouse tras unha forte riada.[2]

Descrición

editar

Feita en cantaría de granito, nada fica da súa orixe romana. A ponte actual ergueríase sobre a antiga arredor do século XI ou XII. Consta de catro arcos de volta perfecta, tres deles cunha luz de 8,20 m, o cuarto máis pequeno. Os dous arcos centrais, sobre o río, teñen rosca dupla cuns 20 cm de beiril. As bóvedas e os tímpanos son de perpiaño. Os tallamares son triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo. Estes chegan até arriba formando apartadoiros. Consérvanse ben os peitorís e un treito de calzada.[3] Atópase en bo estado de conservación, xa que existe unha ponte paralela para o tránsito rodado.[1]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Galicia Máxica
  2. Lema Suárez, Xosé María (17 de decembro de 2016). "Unha riada ameazou séculos de historia en Brandomil". La Voz de Galicia. 
  3. Ponte de Brandomil na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • LAREDO, X.L. e VÁZQUEZ EFRÉN, J.M. (1989): «Santa Comba, Zas», Deputación Provincial da Coruña.
  • Troiano Carril, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009