Leiloio, Malpica de Bergantiños
Santa María de Leiloio é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 547 habitantes (266 homes e 281 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 757 habitantes.
Leiloio | |
---|---|
Concello | Malpica de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°16′14″N 8°45′48″O / 43.2705, -8.7634 |
Poboación | 547 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao norte coa parroquia de Cambre (Cambre), ao sur con Xornes e Cances (Carballo), ao leste con Cances e Razo (Carballo), e ao oeste con Buño. Está a uns nove quilómetros da capital do concello, e tamén a nove quilómetros de Carballo, capital da Bisbarra.
Atravésaa o río Vaa e o seu afluente o Martí.
O seu principal accidente xeográfico é o monte Neme (387 m), onde existiron durante a segunda guerra mundial unhas minas de volframio destinadas a abastece-los alemáns. Ó leste, limita cos Montes de Ceáns (221 m) e de Santo Amaro (244 m).
Festas
editarTradicionais
editar- Festa do Carme : 16 de xullo.
- Asunción : 15 de agosto.
Novas
editar- Noite celta : 1° sábado de xullo.
- Festa da Tilla : 1° domingo de xullo.
Lugares e parroquias
editarLugares de Leiloio
editarLugares da parroquia de Leiloio no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña) | |
---|---|
A Agriña | Brión | O Castro | A Choupana | O Empalme | A Feira Nova | O Oratorio | Oseiro | A Pedrosa | Pernes | O Piñeiro | As Rabuceiras | A Raxeira | A Trémoa | Vilar |
Parroquias de Malpica de Bergantiños
editar