Buño, Malpica de Bergantiños

parroquia civil do concello de Malpica de Bergantiños

Santo Estevo de Buño[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.

Buño
Mulleres carretando os traballos dos oleiros (c. 1915).
ConcelloMalpica de Bergantiños[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°16′03″N 8°46′58″O / 43.2674, -8.7828Coordenadas: 43°16′03″N 8°46′58″O / 43.2674, -8.7828
Poboación503 hab. (2018)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Economía editar

A parroquia é internacionalmente coñecida pola súa cerámica. No Centro Comarcal Bergantiños recóllense exposicións variadas sobre a comarca, ademais de ofrecer información turística os eventos, lugares emblemáticos e de interese da zona. Neste centro atópase localizado o Museo Alfar, con exposicións sobre a olaría e os oleiros de Buño.

Cultura editar

Festas editar

O sábado seguinte ó mércores de cinza celébrase a festa da Mikaela para conmemorar o final do Entroido. A Mikaela é unha boneca de gran tamaño e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita á man pola veciñanza. Despois de xantar é transportada por unha comitiva masculina na que participan tódolos homes do lugar, que vai desde o Campo de Cantalarrana até o Campo da Culpa, percorrendo así todo o lugar. A comitiva vai parando en tódalas casas pedindo filloas e viño mentres fan bromas e chistes. Chegados ó destino, a Mikaela é queimada, poñendo así fin ó entroido. A festa continúa até ben entrada a madrugada.

Na actualidade a Mikaela é transportada sobre un tractor e, na comitiva, participan mulleres sempre que vaian vestidas de xeito masculino. Asemade, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.[2][3]

Buño na literatura popular editar

  • Anque che somos de Buño/ e nin todos somos oleiros,/ tamén as xentes de Noia/ nin todos son zapateiros [4].
  • Inda que somos de Buño/ non somos todos oleiros;/ tamén na terra de Noia/ non son todos zapateiros [5].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Buño editar

Lugares da parroquia de Buño no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Buño | Buño da Costa | Os Mouróns | Rúa Nova | O Rueiro | Santa Catalina | Santa Filomena | A Xaviña

Parroquias de Malpica de Bergantiños editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Malpica de Bergantiños

Barizo (San Pedro) | Buño (Santo Estevo) | Cambre (San Martiño) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa María) | Malpica de Bergantiños (San Xulián) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)


Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes Arquivado 10 de xuño de 2013 en Wayback Machine.(en castelán)
  3. Vídeo en YouTube.
  4. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 215.
  5. Gran Enciclopedia Galega: s.v. artesanía.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar