Olaría de Buño
(Redirección desde «Oleiros de Buño»)
A olaría de Buño é a produción artesá da olaría en Buño (Malpica de Bergantiños), un dos centros máis importantes na produción cerámica galega.
Historia
editarA tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes[Cómpre referencia]. Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.
Celébrase a Mostra da olaría de Buño[1], que en 2022 chegou á súa XVIII edición.
Notas
editar- ↑ "Mostra da olería". Concello Malpica.