HMS Serpent
O HMS Serpent foi un cruceiro de terceira clase da Royal Navy construído en Devonport. A súa construción iniciouse en novembro de 1885 e foi botado o 10 de marzo de 1887. Desprazaba 1.770 toneladas, cunhas dimensións de 225x13.6 pés, armado con 6 canóns de 6 polgadas e cinco tubos de torpedo de 14.[1] Foi o primeiro barco da mariña de guerra británica en usar o galvanizado para protexer os ferros metálicos da auga salgada.
HMS Serpent | |
---|---|
O Serpent | |
Historial | |
Estaleiro | Devonport |
Clase | Archer |
Tipo | Cruceiro torpedeiro |
Posta en grella | 9 de novembro de 1885 |
Botado | 10 de marzo de 1887 |
Viaxe inaugural | marzo de 1888 |
Baixa | afundido en Punta Boi, Camariñas, o 10 de novembro de 1890 |
Características xerais | |
Desprazamento | 1770 toneladas[1] |
Eslora | 68,58 m |
Manga | 10,97 m |
Calado | 4,42 m |
Armamento | 6 canóns de 6 polgadas (151 mm) 8 canóns de 3 libras |
Tripulación | 175[1] |
faleceron 172 persoas e salváronse 3[1] |
Última viaxe e naufraxio
editarNavegaba, baixo o mando do comandante da Mariña Real Harry Leith Ross, desde Plymouth, Inglaterra o sábado 8 de novembro de 1890 con dirección a Serra Leoa.
Durante a noite do luns 10 naufragou nos baixos de Punta Boi, preto do Cabo Vilán en plena Costa da Morte. Tres mariños do Serpent alcanzaron a vila de Camariñas, na provincia da Coruña, feridos e totalmente exhaustos. Tras contar o ocorrido todo o pobo uniuse para ir ata a costa onde tivo lugar o naufraxio. Non houbo sinal de máis sobreviventes e á mañá seguinte non había nin rastro do buque Serpent. Pouco a pouco o mar foi devolvendo os cadáveres do resto da tripulación. En total faleceron 172 persoas, as cales foron enterradas no chamado "Cemiterio dos Ingleses" moi preto do lugar do naufraxio.
Hai varias versións referentes ao ocorrido pero a versión oficial atribúe o naufraxio a un erro de navegación e ás condicións meteorolóxicas daquela noite.
Homenaxes
editarA partir dese momento e durante anos, cando un barco da mariña inglesa pasaba preto dese lugar tiraba unhas salvas en memoria dos náufragos.
No Xardín de San Carlos da cidade da Coruña tamén hai unha placa na memoria destes mariños.
No cumio do monte Lobeira (András, Vilanova de Arousa) unha placa do Almirantado inglés lembra aos mortos no naufraxio. O porto de Vilagarcía foi ata 1936 escala habitual da Royal Navy e unha das excursións preferidas dos mariñeiros británicos era a ascensión ao miradoiro deste monte.[2]
Galería de imaxes
editar-
Cabo Vilán en San Xurxo de Camariñas preto de Punta Boi.
-
Punta Boi.
-
Placa situada nos xardíns de San Carlos da Coruña en recordo dos mortos no naufraxio do HMS Serpent.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Aniversario del naufragio del “HMS Serpent”". El Ideal Gallego (en castelán). 8/5/2015. Consultado o 14 de xuño do 2020.
- ↑ turvilagarcia.com (ed.). "El cementerio naval britanico de Vilagarcia de Arousa". Consultado o 8 de outubro do 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Campos Calvo-Sotelo, Juan (2002). Náufragos de antaño. Editorial Juventud. ISBN 84-261-3252-9.