O Monte Lobeira é unha montaña situada en András (Vilanova de Arousa). Ten 289 metros de altura, e está situada preto do mar, cun miradoiro no cumio desde o cal se aprecia a ría de Arousa cara ao oeste. A panorámica permite ver A Illa de Arousa, unha gran superficie do interior da provincia de Pontevedra, cara ao leste; a cara sur da Serra do Barbanza, na comarca de Barbanza cara ao norte; e as montañas e cidades da comarca do Salnés até a Illa de Ons, cara ao sur.

Modelo:Xeografía físicaMonte Lobeira
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaEspaña Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°33′50″N 8°45′42″O / 42.5639, -8.7617
Características
Altitude289 m Editar o valor en Wikidata

O miradoiro apouséntase no lugar onde se erguía o Castelo de Lobeira, que permaneceu en posesión de monarcas españois na época medieval. A orixe de Lobeira está marcada por diversos sucesos acontecidos ao longo da historia xa que os séculos XI e XII destacan polo protagonismo do Castelo de Lobeira, onde a raíña Urraca decidiu asentarse cando procuraba a seguridade necesaria para Galiza. Cando a raíña rematou a súa función de defensa nestas terras, deixou tamén de ser residencia de reis, e a partir dese momento o castelo foi abandonado.

En 1175, coa entrega do castelo á mitra compostelá e posteriormente ás mans de Xoán García Manrique foise deteriorando ao estar rodeado dun monte sen veciñanza nin poboación no seu ámbito; ao que se suma a febre destrutiva no século XV durante as loitas irmandiñas.

Inda se pode observar algúns dos perpiaños que conformaban unha das torres da muralla, e conserva os alxibes onde se almacenaban víveres para as batallas; os restos da outra torre quedaron ocultos polas obras da localización da cruz, cuxa orixe é do ano 1896, para perpetuar a morte de tantas vítimas cobradas polo mar, acumuladas a través dos tempos [Cómpre referencia].

Accédese ao pé do miradoiro por vías forestais, para continuar ascendendo a través de escaleiras. Desde o alto pódese apreciar a vista explicada antes e tamén a súa cruz, unha cruz que culmina o miradoiro.

Un pouco máis abaixo atópase o Faro da Lúa, un miradoiro de aceiro inoxidábel deseñado polo arousán Manolo Chazo, e que recibe ese nome por reflectir os raios do sol nas tres lúas situadas na súa parte máis alta.

Esta montaña sufriu, ao igual que outros montes galegos, a vaga de incendios forestais de 2006.

  • Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira [1].
  1. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 177. No texto: Ahí, ven, pol-o.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar