Xoán García Manrique

Xoán García Manrique[1], finado en Coímbra en 1416, foi un eclesiástico e home de estado castelán.

Modelo:BiografíaXoán García Manrique
Biografía
Nacementoséculo XIV Editar o valor en Wikidata
Morte1416 Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
1383 – 1388
Bishop of Burgos (en) Traducir
1381 – 1382
Roman Catholic Bishop of Siguenza (en) Traducir
1376 –
Bispo de Ourense
1370 –
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Segundo fillo de García II Fernández Manrique de Lara, que foi V señor de Amusco e adiantado maior de Castela, e de Urraca de Leyva.[2]

Foi arcediago de Talavera e bispo de Ourense baixo a protección do seu tío paterno o arcebispo de Toledo Gómez Manrique; á morte deste unha parte do cabido toledano elixiulle para ocupar a arquidiocese toledana, mentres a outra se decantou en favor de Pedro Cabeza de Vaca, mais o papa Gregorio XI resolveu a disputa nomeado para ese efecto a Pedro Tenorio.[3][4] Juan García Manrique ocupou entón o bispado de Sigüenza, sendo á vez chanceler maior dos reis Henrique II e Xoán I; de alí pasou á diocese de Burgos, e desta foi promovido ao arcebispado de Santiago de Compostela, onde destacou como líder nos enfrontamentos armados habidos durante a crise de 1383-1385.[5][6][7][8]

A finais do século XIV, posto a mal co arcebispo toledano Pedro Tenorio e descontento porque o rei castelán Henrique III recoñecese o papado de Aviñón, emigrou a Portugal, onde coa mediación do rei portugués Xoán I foi nomeado arcebispo de Braga e bispo de Coímbra.[9][10]

Predecesor:
Juan Martínez de la Sierra[11]
Bispo de Ourense
1370 – 1375
Sucesor:
Martín[12]
Predecesor:
Juan de Salas
Bispo de Sigüenza
1376 – 1381
Sucesor:
Juan de Castromocho
Predecesor:
Domingo de Arroyuelo
Bispo de Burgos
1381 – 1382
Sucesor:
Gonzalo de Mena y Roelas
Predecesor:
Rodrigo de Moscoso
Arcebispo de Santiago
1383 – 1388
Sucesor:
Lope de Mendoza
Predecesor:
Lorenzo Vicente
Arcebispo de Braga
1397 - 1398
Sucesor:
Martín Alfonso de Miranda
Predecesor:
João Afonso Esteves de Azambuja
Bispo de Coímbra
1403 - 1407
Sucesor:
Gil Almada
  1. "Documentos Xoán García Manrique (1395-1397)". Consello da Cultura. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. Descripción genealógica e histórica de la ilustre casa de Sousa, p. 102.
  3. Enrique Flórez: España sagrada, vol.
  4. Juan de Mariana: Historia general de España, libro XVII, cap.
  5. Toribio Minguella: Historia de la diócesis de Sigüenza y de sus obispos Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine., vol.
  6. Enrique Flórez: España sagrada, vol.
  7. Gil González Dávila: Teatro eclesiástico de las iglesias metropolitanas y catedrales de los reynos de las dos Castillas, vol.
  8. José Soares da Silva: Memorias para historia de Portugal, libro III, cap.
  9. Rodrigo da Cunha: Historia ecclesiastica dos arcebispos de Braga, parte II, cap.
  10. Francisco Leitão Ferreira: Catalogo chronologico-critico dos bispos de Coimbra, pp. 134-139.
  11. Flórez, vol. XVII, nega o episcopado de Sierra e sinala a Alfonso Pérez Noya como o seu predecesor en Ourense.
  12. Flórez menciona como o seu sucesor a un tal García, a quen supostamente confunde con Pascual García, sucesor de Martín.