Locomotora Sar

locomotora de vapor

A locomotora Sar, coñecida popularmente como Sarita[1][2] (en galego: Sariña), é unha locomotora de vapor fabricada en Leeds pola compañía Hunslet Engine Company en 1880.[1] Foi adquirida en 1886 por John Trulock para dar servizo á primeira liña galega de ferrocarril entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.[1][3]

Locomotora Sar.

Descrición

editar

É unha pequena locomotora de vapor cunha disposición de eixes 030,[nota 1] é dicir, tres eixes motores. Leva o tanque de auga na parte superior da caldeira e ten un peso de 16 610 kg, unha potencia de 211 CV e un esforzo de tracción de 2 409 kg.[5]

Historia

editar

A locomotora foi fabricada en Leeds pola compañía Hunslet Engine Company co número de fábrica 243 do ano 1880 para a Companhia dos Caminhos de Ferro Portugueses da Beira Alta, en concreto para as obras do treito entre Pampilhosa e Filgueira da Foz.[6] Trala finalización das obras do ramal da Filgueira da Foz en 1886 a máquina foi adquirida por The West Galicia Railway Co. Ltd. asignándolle o número 13 e nomeándoa Sar, coma o río que discorre a carón da liña férrea.[6] John Trulock, xerente da empresa ferroviaria, mandou un maquinista, chamado Francisco Porto Codesido, a Londres durante dous anos para aprender a manexar a máquina.[7][8]

En 1928 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo adquiriu a explotación da liña, sen que a máquina recibise unha nova matrícula. Cando MZOV se integrou na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste a locomotora recibiu o número 191 en 1931.[6]

A locomotora Sar e mais outras 23 máquinas ían ser despezadas tras unha poxa prevista para o 15 de xullo de 1936, pero debido ó golpe de Estado de 1936 non chegou a acontecer. Trala guerra civil española reparouse e integrouse en RENFE por mor da escaseza de locomotoras, asignóuselle a súa matrícula definitiva 030-0201 e incorporouse ós talleres de Vigo.[6]

En 1948 participou na exposición conmemorativa do centenario do ferrocarril en España celebrado en Barcelona.[9] Na década de 1950 traballou nos talleres xerais de Valladolid mais en 1961 foi asignada de novo ó depósito de Vigo, ata que se deu de baixa en 1966.[6] Exhibiuse na Feira-Exposición Agrícola e Industrial de Vilagarcía de 1969.[6]

Na década de 1980 trasladouse a Madrid para formar parte dos fondos do Museo del Ferrocarril de Madrid, inaugurado en 1984 na estación histórica de Delicias.[10] En 1990 a Fundación de los Ferrocarriles Españoles cedeulla á Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, Padrón.[11][12] A Xunta de Galicia restaurou a locomotora no ano 2023,[13] tras anos en mal estado de conservación,[11][14] coincidindo co 150 aniversario do ferrocarril en Galicia.[15][16]

  1. 030 na clasificación francesa de locomotoras equivale a 0-6-0 na notación Whyte, utilizada nos países anglosaxóns.[4]

Referencias

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Manteiga Outeiro, Marcos (16-09-2023). "Restauran la mítica locomotora 'Sarita' del abuelo de Cela". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 01-11-2023. 
  2. Blanco, Elvira (14-09-2023). "O tren galego, unha rede ferroviaria de hai 150 anos". Nós Diario. Consultado o 02-11-2023. 
  3. González, Serxio (19-12-2021). "De Cornes a Carril, historia do primeiro tren". La Voz de Galicia. Consultado o 04-11-2023. 
  4. "Tabla resumen de los distintos rodajes más comunes de locomotoras de vapor en el mundo" (PDF). Listadotren.es (en castelán). Consultado o 07-11-2023. 
  5. "Locomotora-ténder núm. 030-0201" (PDF). Álbum del material motor de la RENFE. Consultado o 07-11-2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Rivera 2021, no seu Blog.
  7. "A locomotora Sarita e o primeiro maquinista galaico". La Voz de Galicia. 20-10-2013. Consultado o 04-11-2023. 
  8. "«Decateime agora que o meu bisavó inaugurou o tren Carril-Pontevedra»". La Voz de Galicia. 09-04-2014. Consultado o 04-11-2023. 
  9. Méndez Andrés, Ramón; Cuellar Villar, Domingo (2017). "Apuntes sobre la construcción del patrimonio ferroviario en España durante el siglo xx: identidad y museos". Oculum Ensaios (en castelán) (Pontifícia Universidade Católica de Campinas) 14 (Nº 2): 275–292. ISSN 1519-7727. Consultado o 07-11-2023. 
  10. Moreno Burgos, María Dolores (1985). "Génesis y sistema de documentación del Museo Nacional Ferroviario". Boletín de la ANABAD (en castelán) (ANABAD) 35 (Nº 4): 487. ISSN 0210-4164. Consultado o 05-11-2023. 
  11. 11,0 11,1 López, Uxía (06-02-2022). "A locomotora Sarita será parte das visitas ao Museo de Cela en Padrón". La Voz de Galicia. Consultado o 04-11-2023. 
  12. "Falleció Camilo José Cela, escritor y ferroviario" (PDF). Vía Libre (en castelán) (Fundación de los Ferrocarriles Españoles) (450): 97. Febreiro de 2002. ISSN 1134-1416. 
  13. "A Xunta completa a restauración da locomotora coñecida como Sarita que poderá visitarse na Fundación Camilo José Cela a partir de setembro". Xunta de Galicia. 28-08-2023. Consultado o 01-11-2023. 
  14. "O Parlamento impide que Sarita abandone Padrón por Vilagarcía". La Voz de Galicia. 19-01-2018. Consultado o 04-11-2023. 
  15. "A Xunta incorpora a histórica locomotora Sarita á musealización da Fundación Camilo José Cela". Museos de Galicia. 18-09-2023. Consultado o 04-11-2023. 
  16. "'Sarita', presente e futuro do legado de Camilo José Cela". Galicia Confidencial. 15-09-2023. Consultado o 04-11-2023. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Documentais

editar
Vídeos externos
  A Sarita Orquestra Miel e Novo Estilo de Pontevedra.
Incluída no seu disco A todo tren (2001); composta por Arturo Gulías.
  • Acebal, Alfonso (Director) (1948). Biografía de la locomotora (Curtametraxe) (en castelán). Estudios Ballesteros S. A. 

Ligazóns externas

editar