Louza
terracota esmaltada ou vernizada
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Denomínase louza á terracota esmaltada ou vernizada, de pasta fina, porosa, absorbente e opaca. Esta pasta está composta de varias arxilas brancas mesturadas con terras silíceas calcinadas. Segundo sexa a clase de arxila así adquirirá a cor despois de cocida, que pode ser amarela, vermella, parda ou negra. Alcanza unha gran dureza e resistencia. O impermeabilizado da louza conséguese cun verniz fluído que contén sílice, minio, branco de chumbo e galena, todo isto moído en auga antes da súa cocción. É moi útil para os obxectos domésticos.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Louza |
Bibliografía
editar- "louza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.