Abrir o menú principal

A galena[1][2] é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é PbS. É insoluble en auga e de brillo metálico.

Galena
Galena z.jpg
Galena na súa típica forma cúbica algo irregular
Fórmula químicaPbS
ClaseSulfuros
Sistema cristalinoCúbico
CorGris chumbo algo máis claro se contén prata
BrilloMetálico
Dureza2,5-3
FracturaConcoidea ou irregular
ExfoliaciónPerfecta, en cubos
RaiaGris escura
Densidade7,6 g/cm3

AspectoEditar

O seu aspecto cando cristaliza é o de cubos metálicos de cor agrisada, aínda que máis imperfectos cos da pirita.

Lugares onde se atopaEditar

A galena atópase en filóns hidrotermais, en pegmatitas e en xacementos sedimentarios sulfurosos. Aparece normalmente asociada á pirita, á calcopirita, á barita e á esfalerita.

Usos da galenaEditar

Debido á súa alta porcentaxe en chumbo (o 86,6%), a galena utilízase como fonte deste elemento. Algunhas veces a presenza de prata (galena argentífera) neste mineral provocou que se utilizase tamén como fonte da mesma.

Antigamente utilizábase na fabricación de esmaltes cerámicos.

Outros sulfurosEditar

Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:

A marcasita, a arsenopirita, a pirita, a calcopirita, a pirrotina e o cinabrio.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galena.
  2. "galena". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.