Pirita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
A pirita (do grego pyros que significa lume) é un mineral da clase dos sulfuros cuxa fórmula química é FeS2 (contén un 53,4% de xofre e un 46,6% de ferro).
Pirita | |
---|---|
Macla de pirita cúbica | |
Fórmula química | FeS2 |
Clase | Sulfuros |
Sistema cristalino | Cúbico |
Cor | Amarela latón |
Brillo | Metálico |
Dureza | 6-6,5 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Verde escura, parda negrúzca ou gris escura |
Densidade | 5,02 g/cm3 |
AspectoEditar
A pirita tamén foi chamada "o ouro dos parvos" pola confusión á que leva o seu parecido con este metal. Atópase frecuentemente maciza, granulada, radiada, estalactítica e globular. Non é raro atopala na súa forma cristalina co seu típico aspecto cúbico (coas caras ás veces estriadas perpendicularmente) ou tamén en octaedros ou piritoedros (poliedros de 12, 16, 18 ou 20 caras) e a miúdo maclada.
Lugares onde se atopaEditar
Atópase en xacementos intramagmáticos, en filóns hidrotermais e en xacementos sedimentarios e metamórficos. Asóciase con frecuencia coa esfarelita, co cuarzo, coa calcita, coa galena e coa calcopirita.
Un dos máis importantes xacementos de pirita en España é o de Navajún (A Rioxa) do que se obteñen piritas dunha grandísima perfección estética.
Usos da piritaEditar
A pirita utilízase como fonte importante de xofre, para a produción de ácido sulfúrico e sulfato ferroso.
PropiedadesEditar
É insoluble en auga e magnética por quentamento. O osíxeno e a auga poden atacar á pirita dando comezo desta forma a un proceso chamado limonitización da pirita, formándose como resultado pirita limonitizada (ou simplemente limonita).
Outros sulfurosEditar
Outros minerais nos que a presenza de xofre é destacada son:
A marcasita, a arsenopirita, a calcopirita, a pirrotina, a galena e o cinabrio.