Abrir o menú principal

Ácido sulfúrico

composto químico
Propiedades
Sulfuric acid chemical structure.png
Ácido sulfúrico

Xeral

Nome Ácido Sulfúrico
Fórmula química H2SO4
Aparencia Líquido incoloro

Físicas

Peso molecular 98.1 uma
Punto de fusión 283 K (10 °C)
Punto de ebulición 610 K (337 °C)
Densidade 1.8 ×10³ kg/m³
Solubilidade miscible

Termoquímica

ΔfH0líquido -814 kJ/mol
S0líquido, 1 bar 19 J/mol·K

Seguridade

Inxestión Grave e pode ocasionar dano permanente.
Inhalación Moi perigosa, posiblemente fatal. Efectos a longo prazo coñecidos.
Pel Causa queimaduras.
Ollos Causa queimaduras.

O ácido sulfúrico é un composto químico moi corrosivo. A súa fórmula é H2SO4. É o composto químico máis producido no mundo. Unha gran parte emprégase na obtención de fertilizantes. Tamén se usa para a síntese doutros ácidos e sulfatos, e na industria petroquímica.

CaracterísticasEditar

Xeralmente obtense a partir de dióxido de xofre, por oxidación con óxidos de nitróxeno en disolución acuosa. Normalmente despois lévanse a cabo procesos para conseguir unha maior concentración do ácido.

A molécula presenta unha estrutura piramidal, co átomo de xofre no centro e os catro átomos de osíxeno nos vértices. Os dous átomos de hidróxeno están unidos a cadanseu átomo de osíxeno. Dependendo da disolución, estes hidróxenos pódense disociar. Na auga compórtase como un ácido forte na súa primeira disociación, dando o anión monohidroxenosulfato, e como un ácido débil na segunda, dando o anión sulfato.