A magnitude que expresa o número de partículas presentes nas substancias é a magnitude básica de substancia. A súa unidade no SI e o mol.

Mol
Tipounidade básica do SI, unit of amount of substance, unidade derivada de UCUM e unidade do SI cun nome especial
Nomeado en referencia aMolécula
editar datos en Wikidata ]

Un mol é a cantidade de substancia que contén tantas entidades elementais (átomos, moléculas, electróns,...) como átomos hai en 0,012 kg de carbono 12. O número de átomos presentes en 12 g de carbono 12 é unha constante chamada constante de Avogadro, NA. Por isto, un mol é a cantidade de materia que contén un número de partículas igual a NA.

Non se poden contar os átomos ou as moléculas, pero existen métodos para determinar o número de partículas presentes nas substancias. Mediante estes métodos calculouse que o valor da constante de Avogadro é:

NA = 6,022045 · 1023 mol−1

A partir de agora, utilizarase como valor da constante de Avogadro NA = 6,022 · 1023 mol−1 para simplificar os cálculos.

Un mol é a cantidade de substancia que contén 6,022 · 1023 unidades. Así:

  • 1 mol de moléculas contén: 6,022 · 1023 moléculas.
  • 1 mol de átomos contén: 6,022 · 1023 átomos.
  • 1 mol de electróns contén: 6,022 · 1023 electróns.

O mol refírese sempre a un número fixo de partículas, sexan átomos, ións... E incluso lapis e bolígrafos.

Para facerse unha idea, toda a Terra dividida en bólas duns 15 cm de diámetro daría un número de bólas igual á constante de Avogadro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.