Unha macla é un tipo de mineral formado por dous ou máis tipos de cristais. Os cristais únense segundo un plano ou están interpenetrados un no outro.
Unha macla é a agrupación simétrica de cristais idénticos. A simetría pode ser especular respecto do plano de macla ou polo xiro dos seus elementos ao redor do eixo de macla en 60°, 90°, 120° ou 180°.
- Macla "de contacto": cando os elementos se unen nun plano
- Macla "de compenetración": se están cruzados e compenetrados entre si. En xeral presentan diedros entrantes; en caso contrario fálase de mimesia dun cristal individual.
- Macla de calcita
- Macla de fluorita, de contacto ou compenetración
- Macla de xeso, en "punta de lanza"
- Maclas por deformación típicas dos metais bcc e hcp.
- Maclas de recocido formadas despois de tratamentos térmicos de recocido típicas en fcc.