Jaime Paz Bernardo

numismático galego


Jaime Paz Bernardo, nado en Quintela o 29 de novembro de 1944, e finado en Barcelona o 25 de novembro de 2005, foi un investigador, coleccionista e comerciante numismático galego establecido en Cataluña.[1][2]

Infotaula de personaJaime Paz Bernardo
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Quintela, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de San Salvador de Manín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Coñecido porColección, estudo e comercio de moeda galega.
Actividade
Campo de traballoNumismática
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Influencias en
Jaime Paz Molina
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefina Molina
Premios
- Medalla da ANE ao mérito numismático (1993).
- Medalla de prata da ANE por 25 anos de convencións numismáticas.

Facebook: NumismaticaJaimePaz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Vida familiar editar

A familia de Jaime Paz emigrou a Barcelona en 1950, cando el tiña nove anos, e alí realizou os seus estudos ata se titular como delineante técnico mecánico. Inicialmente simultaneou a súa actividade laboral nese sector coa súa afección pola colección de moedas e o seu estudo.

En 1971 casou con Josefina Molina e o ano seguinte naceu o seu fillo, Jaime Paz Molina, quen logo do seu falecemento do seu pai continuou co labor emprendido por el.[1]

Numismático profesional editar

En 1978 decidiu dedicarse en exclusividade á numismática e fundou en Barcelona un establecemento comercial centrado nese sector: "Numismática Paz". En 1979 editou a súa primeira publicación, un catálogo de moeda española dirixido fundamentalmente ao coleccionista, que coñeceu numerosas edicións.

Tanto desde a perspectiva comercial como no seu obxecto de estudo, Paz foise especializando na moeda galega, á que lle dedicou varios catálogos e decenas de artigos xornalísticos.[3][4] Mantivo sempre unha estreita ligazón co sector numismático en Galicia, e durante décadas encargouse de organizar máis dun cento de convencións (en Santiago, A Coruña, Lugo, Vigo, etc.), onde comerciantes e coleccionistas tomaban contacto para realizaren as súas transaccións.[5][6][7][8]

Como numismático pertenceu a diversas entidades, dalgunhas das cales foi socio fundador:[1]

Como recoñecemento ao seu labor profesional foi merecedor de dúas condecoracións da Asociación Numismática Española: a medalla presidencial ao mérito numismático (1993) e a medalla de prata en recoñecemento aos 25 anos de convencións numismáticas.[1]

Obra editar

  • (1979): Catálogo de Bolsillo de la Moneda Española desde José Napoleón 1808 a Juan Carlos I. Conta con 13 edicións entre 1979 e 1994.
  • (1981): Catálogo de las monedas del Estado Español con sus variantes y errores.
  • (1984): Numismática: historia y ciencia. ISBN 978-84-398-1408-5 (compilador de artigos publicados en Gaceta Numismática).
  • (1992): Las monedas acuñadas en Galicia. ISBN 978-84-604-3085-8
  • (1995): Cómo coleccionar monedas (su limpieza y conservación). ISBN 978-84-605-3720-5
  • (2002): Moedas galegas: moedas, medallas, billetes especializado do século IX a.C. ó século XXI d.C. ISBN 978-84-607-6330-7

O Museo Numismático de Lobios editar

Artigo principal: Museo Numismático de Lobios.

En 1996 puxo en marcha na súa localidade natal o Museo Numismático de Lobios, como centro de conservación, exposición e interpretación da moeda galega a través da súa historia. O museo alberga unha colección cronoloxicamente ordenada de moedas cuñadas, usadas ou relacionadas con Galicia, desde a Antigüidade ata a Idade Moderna, disposta en paneis e acompañadas de fichas didácticas na que se describen e se contextualizan as pezas.[9]

No mesmo ano da súa inauguración, o museo recibiu o premio Excelente Numismático 1996, outorgado pola Asociación Numismática Española.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía de Jaime Paz Bernardo Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web de Numismática Paz.
  2. "Pasión por las monedas". En La Voz de Galicia. 26 de novembro de 2005.
  3. "Un libro repasa la acuñación de moneda en Galicia en los últimos tres mil años". En La Voz de Galicia. 16 de novembro de 2003.
  4. "Ourense fue un centro destacado en la acuñación de moneda en Galicia". En La Voz de Galicia. Ourense. 23 de xaneiro de 2003.
  5. "Coleccionistas de dinero". En La Voz de Galicia. Lugo. 10 de febreiro de 2001.
  6. "El sábado se celebrará la feria numismática". En La Voz de Galicia. Lobios. 14 de maio de 2003.
  7. "«Las monedas gallegas son apreciadas en el mercado»". En La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2002.
  8. "Quienes somos Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". No sitio web de Numismática Paz.
  9. "Museo numismático do Concello de Lobios". No sitio web do Concello de Lobios.
  10. "Museo Numismático de Lobios Arquivado 05 de xullo de 2017 en Wayback Machine.". En Numismática Paz.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar