Moeda cuñada en Galicia

As primeiras moedas cuñadas en Galicia datan do ano 25 a.C., cando o emperador romano Augusto deu ordes de cuñar nunha ceca móbil establecida en Lucus Augusti moedas provinciais de bronce (ases, semis, dupondios e sestercios) coas que poder financiar as guerras que mantiña contra os cántabros e os ástures. E durante todo o Imperio Romano seguiu a ser Lucus Augusti a ceca predominante de Gallaecia. Coa chegada dos suevos e visigodos adquiren importancia tamén Tui e Valdeorras.

Reverso dun bronce provincial romano a nome de Octavio Augusto cuñado na ceca móbil de Lugo cara ao ano 25 a.C.
Diñeiro a nome de Alfonso X de Castela (1252-1284) cuñado na casa de moeda da Coruña.

A Real Casa da Moeda da Coruña (1210/1230-1665/1700) e en menor medida a Ceca de Santiago de Compostela (1079-1379) e outras Tui e Ourense serán as principais emisoras durante a Idade Media. En 1107 Diego Xelmírez conseguiu do rei Afonso VI o privilexio de cuñar moeda. Xa na época moderna A Coruña é a única que continuou producindo moeda, ata que en 1696 finaliza a súa produción.

Moeda de 8 marabedís de 1837 cuñada na Real Casa da Moeda de Xuvia a nome de Isabel II

A última ceca que se estableceu en Galicia foi a Real Casa da Moeda de Xuvia, que emitiu moeda entre 1811 e 1868.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar