Historia antiga de Galicia

historia de Galicia durante a Idade Antiga
(Redirección desde «Idade Antiga de Galicia»)

A historia antiga de Galicia abrangue a historia de Galicia durante a Idade Antiga.

Historia antiga de Galicia

Mapa da Gallaecia de Diocleciano.
Historia Historia de Galicia
Cronoloxía Cronoloxía de Galicia
Categoría Historia de Galicia
Idade Antiga
Historia antiga de Galicia
Pobos galaicos
Século -II
-139 - -61: Conquista romana de Gallaecia
-137: Batalla do Douro
-139: Expedición de Décimo Xunio Bruto Galaico
Século -I
-96: Expedición de Publio Licinio Craso
-61: Expedición de Xulio César
-22: Batalla do Monte Medulio
-16: Hispania Citerior Tarraconense
c. -15: Fundación de Lucus Augusti
Século III
212: Nova Citerior Antoniana
298: Provincia romana de Gallaecia
Século IV
c. 350: Cristianización de Galicia
381: Itinerario de Exeria
Relacionados
Historia Historia antiga de España
Historia antiga de Portugal

Pobos prerromanos

editar

As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as Casitérides, nas que abundaba o estaño. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época helenística. A primeira referencia é a de Piteas de fins do século IV a. C., quen menciona o cabo Nerio e a tribo dos ártabros. Estas informacións foron recollidas por Eratóstenes (século III a. C.); máis tarde escribiron Polibio (século II a. C.), Artemidoro, Posidonio e Estrabón (século I a. C.), Plinio o Vello (século I) e Tolomeo (século II).

Conquista romana

editar

Expedición de Décimo Xunio Bruto Galaico

editar

A primeira campaña militar romana en chan galaico foi no 137 a. C., unha expedición dirixida por Décimo Xunio Bruto. Esta expedición chegou as beiras do río Miño, segundo Floro, despois de atravesar o río Limia "penetrou cara o interior dos pobos célticos, lusitanos e todos os galaicos", percorrendo "vencedor o litoral do océano". Unha vez de volta en Roma foi alcumado Callaicus como triunfo. Orosio, séculos despois, falou da que sería coñecida como batalla do Douro onde o xeneral romano acabou con 50 000 galaicos e apreixou outros tantos.[1]

Expedición de Publio Licinio Craso

editar

Entre os anos 96 e 94 a. C. tiveron lugar as campañas de Publio Licinio Craso, gobernador de Hispania Ulterior, pola Lusitania e a Gallaecia.[1]

Expedición de Perpenna

editar

74 a. C.[1]

Expedición de Xulio César

editar

Xulio César, cando era propretor da Hispania Ulterior, liderou en persoa unha expedición á Gallaecia entre os anos 61 e 60 a. C. Esta expedición por vía marítima chegou a Brigantium, no golfo Ártabro, no centro de saída do estaño. César non só perseguía a pacificación da zona, senón a descuberta das rutas comerciais ás riquezas mineiras da Península Ibérica.[1] Con este evento remataría a fase lusitana da conquista.

Guerras cántabras

editar
Artigo principal: Guerras cántabras.

A segunda fase desenvolveuse en tempos de Augusto, do 29 ao 19 a. C. Augusto liderou en persoa as expedicións de conquista nun despregue de tropas contra pobos do norte da Península Ibérica. Esta resistencia culminaría na batalla do Monte Medulio o remate desta comezou o período de paz coñecido como pax romana.[1]

Administración romana

editar

Despois desta longa fase de conquista unha serie de cambios comezan coa nova administración. Despois do 19 a. C., o territorio foi incluído dentro da provincia da Lusitania, para despois cambiar á de Hispania Citerior con capital en Tarraco.[1] Con todo, o territorio foi considerado rexión non pacífica, suxeito á vixilancia especial[1] da Legio VII Gemina.

Fundación das cidades de Augusto

editar

Un dos primeiros froitos da conquista foi a fundación de tres cidades que levaron o nome de Augusto: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo). Estas tres cidades constituíron o triángulo principal da Gallaecia romana, converténdose tempo despois nas capitais dos conventos xurídicos: Bracarense, Asturicense e Lucense. Segundo a descrición que Plinio fixo dos seus populi, a súa poboación era notable:[1]

A estes [os cántabros] están unidos 22 pobos dos ástures, divididos en augustanos e transmontanos, con Asturica, magnífica cidade. Fronte a estes están os guigurros, os pésicos, os lancienses e os zoelas. O número de toda a poboación é de 240 000 homes libres.

O convento lucense ten ademais dos célticos e lemavos, 16 pobos de nome descoñecido e bárbaro, pero ten case 166 000 homes libres.

Do mesmo modo, o convento brácaro ten 24 cidades e 285 000 homes dos que, ademais de brácaros, poden nomearse sen fastío os bíbalos, os coelernos, os callaecos, os equaesos, os limicos e os querquenos.

Intinerario de Antonino

editar

A rede de comunicacións trazada despois da conquista foi chave para asentar esta nova organización social. Esta rede de vías conectaban as tres cidades fundadas por Augusto e a infraestrutura creada en época flavia. As vías romanas da Gallaecia foron descritas, ao principio do século III, no Itinerario de Antonino numeradas do seguinte xeito:[1]

Gallaecia

editar

Cristianización

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Villares, Ramón (2004). Historia de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-672-5.