Cronoloxía de Galicia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2020.) |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
PaleozoicoEditar
- 360 millóns de anos a.C. - 250 millóns de anos a.C. - A colisión de placas que recibe o nome de oroxénese herciniana dará lugar ás montañas de Galicia na zona xeolóxica de Galicia-Trás-os-Montes. O magma que as formou ó arrefriarse daría lugar ó granito actual.
PaleolíticoEditar
- 300.000 a.C. - 200.000 a.C. - Primeiros asentamentos humanos na actual Galicia dunha especie que posteriormente evolucionaría no Home de Neandertal. O máis antigo sitúanse no Xacemento de Porto Maior (actual As Neves).[1] Posteriores son o xacemento das Gándaras de Budiño (O Porriño) e Cabrón de Arbo (Arbo).[2][3]
MesolíticoEditar
NeolíticoEditar
- VI milenio a.C. - 2000 a.C. - Ten lugar o megalitismo en Galicia
- 4350 a.C. - Constrúese a mámoa máis antiga coñecida, A Chousa Nova, na actual Silleda
- 4000 a.C. - Habitantes do noroeste peninsular construen embarcacións capaces de cruzar o océano e colonizan as Illas británicas. Este acontecemento puido quedar refrexado na lenda de Breogán e os seus fillos.[7]
Idade de BronceEditar
- I milenio a.C. - Primeira onda de migracións cara a Iberia, da cultura dos Campos de Urnas (oestrimnios, falantes da lingua protocéltica).
- IX século a.C. - Emerxe a cultura castrexa (primeira fase)
- 600 a.C. - Os saefes (pobo celta) aséntanse no sur da actual Galicia e norte de Portugal, terras previamente habitadas polos oestrimnios. A unión de tódolos pobos que habitan a rexión ó norte do río Douro son denominados naquela época galaicos
Idade de FerroEditar
- V século a.C. - Segunda fase da cultura castrexa
Gallaecia provincia RomanaEditar
- Século II a.C. - Constrúese a Torre de Hércules (data aproximada)
- 197 a.C.
- Nun primeiro intento dunha administración romana en Hispania, Gaius Sempronius Tuditanus e M. Helvius dividen a península en Hispania Ulterior e Hispania Citerior (a que realmente está controlada por Roma). Estas dúas provincias debían ser gobernadas polo gobernador romano cun mandato dun ano.
- Lusitania, Gallaecia e Asturias están incluídos na provincia romana de Hispania Ulterior.
- 155 a.C. - 139 a.C. - Teñen lugar as Guerras Lusitanas entre romanos e lusitanos, estes últimos axudados polos galaicos.
- 139 a.C.
- O Senado Romano considera as accións de Fabius Servilianus (que viña de ser derrotado ante os lusitanos e suplicar pola súa vida a cambio de favores) indignas de Roma e envía a Servilio Cipiano a derrotar ás tribos rebeldes de Hispania.
- En Hispania Ulterior, Servilius Cipianus, coa axuda dos exércitos de Marcus Pompilius Lenas, derrotou duramente aos lusitanos e obriga a Viriathus a refuxiarse ao norte do Río Texo e a entregar aos reféns, como o seu sogro Astolpas.
- Os exércitos de Servilius Cipianus tamén atacan aos vettones e aos gallaecianos.
- 139 a.C. - Décimo Xunio Bruto recibe o encargo de pacificar a terra dos galaicos, polo que a partir de entón será chamado "o galaico".[8]
- 138 a.C. - Primeira expedición romana na terra dos galaicos a cargo de Décimo Xunio Bruto Galaico pola costa ata a desembocadura do río Douro[8]
- 137 a.C. - Segunda expedición de Décimo Xunio Bruto Galaico na terra dos galaicos, moito maior que a anterior ata o río Miño. Nesta expedición tivo lugar a confusión entre o río Limia e o río Lethes, ou río do esquecemento. Tamén emprendeu batalla cos Brácaros tras apoderarse estes das súas provisións. Esta batalla narrada por Apiano, ademais de por Orosio o cal afirma que se enfrontaron a sesenta mil galaicos.[8]
- 96 a.C. - 94 a.C.- Campaña de Publio Licinio Craso contra lusitanos e galaicos[8] . Nesta expedición atopará as minas de estaño. O estaño e o ouro supuñan un piar da riqueza castrexa.[9]
- 61 a.C. - 62 a.C. - Xulio César realiza persoalmente unha importante expedición naval polas costas de Gallaecia na que chegaría ata Brigantium. Establece comercio marítimo co que agora son Francia, Inglaterra e Portugal.
- 60 a.C. - Xulio César obtivo considerables vitorias sobre os galaicos e os lusitanos. Durante unha das súas vitorias, os seus homes saudárono como Imperator no campo, o que foi unha consideración vital para ser elixible para un triunfo de volta a Roma.
- 22 a.C. - Batalla do Monte Medulio, entre galaicos, cántabros e astures contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio.
- 15 a.C. - 13 a.C. - Paulo Fabio Máximo, legado do emperador Octavio Augusto, funda a cidade de Lucus Augusti.[10]
- Século I
- Constrúese a Ponte romana de Ourense, maior ponte con arco de luz de todo o Imperio [9]
- Constrúese a Vía Nova, calzada romana destinada a unir Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo)[9] Además desta construirianse outras vías en Gallaecia coma as Vía XVII, Vía XIX e Vía XX (per loca maritima).
Reino Suevo de GallaeciaEditar
- Séculos V e VI - Prodúcese a chegada dos bretóns a Galicia
- 409 - Os suevos encabezados polo rei Hermerico pactan un foedus con Roma e establécense formalmente na provincia romana da Gallaecia, que pasa a ter rango de reino, con capital en Braga. Sería o primeiro estado de Europa.[11]
- 448 - Morre Requila en Emerita Augusta, o seu fillo Requiario herda o trono.
- 449 - O rei suevo Requiario converte o reino ao catolicismo.
- 456 - Ten lugar a batalla do Órbigo, onde unha coalición de romanos, visigodos e francos derrota aos suevos acabando coa vida do rei Requiario.
- 463 - Remismundo logra impoñerse sobre os seus opositores e coróase rei da toda Galicia.
- 550 - Carriarico, rei de Galicia, converte o reino ao catolicismo.
- 561 - Celébrase o Primeiro Concilio de Braga durante o reinado de Teodomiro
- 572 - Celébrase o Segundo Concilio de Braga, auspiciado polo rei Miro.
- 583 - Fracasa a alianza que o rei Miro mantiña con francos e bizantinos para intervir na guerra civil visigoda.
- 585 - O rei visigodo Leovixildo depón ao rei suevo Andeca, facéndose deste xeito co reino. Os visigodos gobernarán Galicia ata o ano 711.
Provincia de Gallaecia dentro do Reino VisigodoEditar
Mapa político do Suroeste europeo arredor do ano 600 d.C onde se reflicten tres diferentes territorios baixo goberno visigodo; Galicia (Gallaecia), España (Hispania), e Septimania.
- 587 - Celebrase o III Concilio de Toledo, ao que asisten bispos de Galicia, España e Septimania.
Reino de Asturias/GallaeciaEditar
Mapa político do Noroeste da Península Ibérica a finais do século IX.
- 711 - Desembarca en Tarifa un continxente militar musulmán en apoio dos fillos de Witiza. Derrota e morte do rei visigodo Rodrigo.
- 714 e 719 - España e Septimania son respectivamente tomadas polos exércitos musulmáns. Fin da monarquía visigoda.
- 711-791 - A ausencia da autoridade real, ocasiona que os nobres galaicos comecen a disputarse o control sobre Galicia. Período de conformación dun novo reino cristián en Galicia.
- 818 - 847 - Descubrimento dos restos atribuídos ao apóstolo Santiago o Maior.
- 910
- Afonso III é destronado polo seu fillo García que se coroa rei, e instala definitivamente na cidade de León a corte do reino.
- O reino dividese entre 3 irmáns, Ordoño II reinará Galicia, que pasa a ser un reino dentro do Reino de León, Froilán II recibe o reino de Asturias ambos subordinados a García I de León
Reino de Galicia dentro do Reino de LeónEditar
- 997 - O xeral musulmán Almanzor saquea a cidade de Compostela.
- 1037 - Morte de Vermudo III de Galicia na batalla de Tamarón, contra casteláns e navarros.
- 1142 - Refúndase o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes como primeiro mosteiro circense da península.[12]
- 1065 - García de Galicia herda o territorio do reino de Galicia (xunto co condado de Portugal e a protección e parias de Badaxoz e Sevilla), volvéndose este independente.
- 1071 - García de Galicia vese obrigado a se exiliar debido á entrada en Galicia do seu irmán Afonso VI, coaligado co outro irmán, Sancho II.
- Século XII - Contruese o Castelo de Soutomaior[13]
- 1111 - Coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela.
- 1128 - Afonso Henriques independiza o condado de Portugal do Reino de Galicia
Mapa político do noroeste peninsular trala morte de Afonso VII (1157), nel apréciase a división dos seus estados entre os seus fillos, Fernando (rei de Galicia e León) e Sancho (rei de Castela e Toledo). Tamén se aprecia a expansión dos reinos cristiáns á custa das taifas musulmás, e a separación definitiva de Portugal respecto do Reino de Galicia.
- 1208
- Afonso VIII de León e Galicia refunda Crunia con privilexio de desembarcar e vender sal sen pagar impostos
- Comeza a construción da Muralla da Coruña
- 1230 - Fernando III de Castela usurpa ás súas irmás os reinos de Galicia e León.
- 1296-1301 - O rei Xoán I restaura a independencia galego-leonesa e titúlase rei de Galicia, León e Sevilla.
- 1369
- Constrúese o Castelo de Andrade
- A vilas galegas proclaman como o seu rei a Fernando I de Portugal, este logra reinar apenas uns meses ata que Henrique de Trastámara ataca Portugal.
Reino de Galicia dentro da Coroa de CastelaEditar
- 1386-1388 - Alianza entre nobres galegos e Inglaterra. John of Gaunt, duque de Lancaster, é coroado rei en Galicia.
- 1467-1469 - Estala o conflito civil da Gran Guerra Irmandiña.
- 1483 - Execución de Pero Pardo de Cela diante da Catedral de Mondoñedo por orde do Gobernador dos Reis Católicos en Galicia.
- 1486
- Establécese a primeira imprenta estable en Santiago de Compostela[14]
- Os Reis Católicos viaxan ao reino para constatar o sometemento de todos os nobres galegos.
- 1493 - O 1 de marzo a carabela A Pinta desembarca na praia da Ribeira, en Baiona, cargado de ouro, millo, yuca, batata, fabas, canela, algodón, tabaco, etc., sendo o primeiro lugar do mundo en coñecer o descubrimento de América[15]
- 1494 - Publícase o primeiro libro impreso en Galicia, Missale Auriense o 3 de febreiro[14]
- Século XVI - Créase a primeira traída de augas da Coruña dende os mananciais de Vioño ata as fontes da cidade.[16]
- 1501 - Comeza a construírse o Hospital Real de Santiago de Compostela para cubrilas necesidades da cidade que xa contaba con varios hospitais pero eran insuficientes.
- 1518 - Mobilización das cidades e vilas galegas para recupera-lo seu voto lexítimo en Cortes.
- 1528 - Formase a Xunta do Reino de Galicia.
- 1563 - A Coruña convértese na capital de Galicia, cando Felipe II lle concede a sede da capitanía e da audiencia[17]
- 1589 - A Armada Británica lanza o Asedio da Coruña. María Pita dirixe a defensa da cidade.
- 1623 - O Reino de Galicia recupera o voto das cortes reais tras pagar 100 000 ducados.
- 1665 - Constrúese a Muralla de Vigo comenzando a conformarse a morfoloxía da cidade.
- Século XVIII - Constrúese o Camiño e Plantío Real, camiño de roda arborado que uniu Pontevedra e A Coruña con Santiago de Compostela, a partir da rede viaria romana e os camiños castrexos. Nas súas beiras atopábanse fontes, reloxos de sol e zonas de descanso. A súa construción incluíu a de varias pontes coma a Ponte Barosa, Ponte do Cárcere, Ponte Malvar e a Ponte Vedra[18] e foi ordenada polo Arcebispo Malvar[19]. Este vial evolucionaría posteriormente na estrada N-550[20][21]
- 1717 - Fúndase en Betanzos o Banco Etcheverría, banco máis antigo de España
- 1761 - Constrúese o Camiño Real da Coruña que unía Madrid co porto da Coruña.[23] Ata entón todo o transporte entre Galicia e Castela facíase a pé (o cal deu lugar á profesión do arrieiro) ou na parte traseira dunha mula por camiños de ferradura, ao contrario que os camiños de roda que permitían circular carros e carretas.[24] Esta se percorría en de 8 a 9 días con bo tempo e entre 16 e 20 días con climatoloxía adversa.[24][25] Posteriormente convertiríase na estrada xeral nº7[26].
- 1791 - Teresa Herrera funda o primeiro hospital da Coruña, o Hospital da Caridade
- 1800 - Publícase o primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano
- 1808 - Formación da Xunta Suprema do Reino de Galicia coa fin de defender o reino ante os exércitos napoleónicos. Recuperación de atribucións de autogoberno extraordinarias.
- 1809
- Batalla de Elviña (16 de xaneiro)
- Os habitantes Vigo álzase contra o exército francés o 28 de marzo, no que se coñece coma a Reconquista de Vigo
- Levantamento da Coruña (30 de maio)[28]
- Levantamento de Santiago (30 de maio)
- Batalla de Ponte Sampaio (7 a 9 de xuño)
- 1816 - Comeza a operar o servizo de dilixencias entre Vigo na Coruña con Madrid, que podían levar ata 22 persoas[29][30]
- 1831 - Fúndase a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia
- 1833
- A rexente María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias asina o decreto da disolución da Xunta do Reino de Galicia
- A división territorial de España en 1833 pon fin ó Reino de Galicia ó dividilo en 4 provincias.
Reino de España / República de España / España FranquistaEditar
- 1834 - O ilustrado Domingo Fontán remata a Carta xeométrica de Galicia, o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas
- 1843 - Constitúese unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.
- 1846 - Prodúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.
- 1852 - Publícase A gaita gallega de Xoán Manuel Pintos, primeiro libro impreso en galego e precursor do Rexurdimento
- 1854 - Créase a rede de luz a gas na Coruña[31].
- 1851 - O químico Antonio Casares realiza o primeiro experimento con luz eléctrica de España no claustro da Universidade de Santiago de Compostela, onde crea un arco voltaico e causa gran expectación. O 24 de xullo de 1852 repete o experimento, iluminando unha das fachadas da catedral.[32]
- 1863 - Publícase Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, inauguración definitiva do Rexurdimento poñendo fin ós Séculos Escuros
- Década de 1880 - Créase a rede de luz eléctrica na Coruña[31].
- 1873
- Inaugúrase a primeira liña de tren de Galicia, entre Cornes (Santiago) e Carril (Vilagarcía)[33] o 15 de setembro[34]. A súa prolongación posterior ata Vigo e A Coruña daría orixe ó Eixe Atlántico.
- Inaugúrase a oficina en Vigo da Eastern Telegraph Company que comunicaba España co resto do mundo mediante telégrafo, a través dun cable submarino ata Porthcurno, o maior centro telegráfico do mundo[35]
- 1875 - O tren A Coruña-Lugo comeza a circular.[36].
- 1880 - Comeza a circular o primeiro tranvía de Galicia entre Verín e o manancial de Cabreiroá[37]
- 1885 - O tren A Coruña-Madrid comeza a circular.
- 1882 - Comeza a publicarse o xornal La Voz de Galicia
- 1900 - 1,98 millóns de habitantes[38]
- 1901 - Marcela e Elisa casan na Igrexa de San Xurxo da Coruña converténdose no primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España.
- 1903 - Comeza a circular o tranvía da Coruña[37]
- 1906 - Constitúese a Real Academia Galega
- 1911 - O aviador francés Léonce Garnier realiza o primeiro voo en Galicia sobre o Río Lérez.[39] Isto inspiraría ó primeiro aviador galego José Piñeiro González[40][41] a aprender o oficio e adquirir un avión da casa de Bleriot.[40] Posteriormente converteríase no primeiro piloto do mundo en voar boca abaixo[42]
- 1914 - Comeza a circular o tranvía de Vigo[37]
- 1916 - Organízanse as Irmandades da Fala
- 1925 - Remata a construción do Edificio do Banco Pastor da Coruña, primeiro rañaceos de España e por aquel entón o edificio máis alto do estado.
- 1927 - Enrique Barreiro crea un sistema de gravación de video a cor e realiza a primera gravación de video a cor de España, o documental Pontevedra, cuna de Colón[43]
- 1928 - Anúnciase a construción da autovía Madrid-Ponferrada-A Coruña que contará cun ramal a Vigo[24]
- 1929 - Ábrese oficialmente ó tráfico aéreo empregando hidroaviación o porto marítimo e a baía de Vigo. Decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, no municipio de Redondela[44].
- 1932 - Constrúese o Aeroclub de Lavacolla, que máis tarde converteríase no Aeroporto de Santiago de Compostela
- 1935 - O Banco Simeón adquire un dos cinco mil exemplares da máquina Millonaire, precente da informática en Galicia.[45]
- 1936 - Vótase a apróbase o Estatuto de autonomía de Galicia de 1936 pero nunca chega a facerse efectivo.
- 1949 - Inaugúrase o Encoro das Conchas, primeiro grande encoro galego que daría lugar a unha nova forma de producir electricidade e ó nacemento de Fenosa[46]
- 1954
- Comeza a operar o Aeroporto de Vigo
- Astano comeza a operar o primeiro ordenador de Galicia. un clasificador de tarxetas. Na década seguinte Unión Fenosa faríase cun modelo semellante pero con capacidade de cálculo e programado en linguaxe Fortran[45]
- 1963 - Inaugúrase e comeza a operar o Aeroporto da Coruña
- 1976 - Naufraxio e vertido do Urquiola
- 1977 - Fúndase a Real Academia Galega de Ciencias
- 1978 - A Xunta de Galicia é designada como goberno galego [47].
Autonomía de Galicia dentro do Reino de EspañaEditar
- 1981
- Apróbase o Estatuto de autonomía de Galicia de 1981
- Inaugúrase a primeiro tramo da Autoestrada do Atlántico
- 1982 - Santiago de Compostela convertese na capital de Galicia substituíndo á Coruña
- 2002 - Naufraga o petroleiro Prestige, provocado un vertido que cubre as costas galegas, que daría pe ó nacemento do movemento Nunca Máis
- 2015 - Complétase o Eixe atlántico de alta velocidade coa inauguración do tramo Santiago de Compostela - Vigo, que permitiría unha redución notable dos temos de viaxe nesta liña.[49]
NotasEditar
- ↑ "El primer gallego vivió en As Neves hace unos 300.000 años". La Voz de Galicia. 17/02/2018.
- ↑ "El yacimiento de Budiño envejece más de 200.000 años". La Voz de Galicia. 04/10/2018.
- ↑ Rey, Manuel (13/09/2019). "Confirman a presenza humana hai 120.000 anos no Cabrón de Arbo".
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/02/25/puertas-epocas-oscuras-prehistoria/0003_201602M25C12991.htm
- ↑ https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/pastora-gallega-9-300-anos-APCG1147456
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/02/25/puertas-epocas-oscuras-prehistoria/0003_201602M25C12991.htm
- ↑ "Los celtas que colonizaron Gran Bretaña procedían de Galicia". La Voz de Galicia. 21/09/2006.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 https://revistas.ucm.es/index.php/MILT/article/viewFile/MILT9696110053A/3415
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Región, La (19/02/2015). "Cinco obras de ingeniería que cambiaron el paisaje de Galicia". La Región.
- ↑ http://ler.letras.up.pt/uploads/ficheiros/3636.pdf
- ↑ "El Primer Estado de Europa. El reino Suevo de Galicia". Por GaliciaBaixo. 08/12/2018.
- ↑ "El primer monasterio cisterciense de la península | GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración". emigracion.xunta.gal.
- ↑ "Historia | Ayuntamiento de Soutomaior".
- ↑ 14,0 14,1 Salgado, Daniel (03/01/2008). "Sobre el oficio de Gutenberg" – vía elpais.com.
- ↑ https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/cuando-galicia-fue-el-primer-lugar-en-conocer-la-mayor-noticia-de-la-historia
- ↑ https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/larga-historia-traida-aguas-corunesa/20150110224432224906.html
- ↑ Muruais, Perfecto Conde (20/04/1978). "Santiago y La Coruña se disputan la capitalidad de Galicia" – vía elpais.com.
- ↑ Pontevedra, Diario de (28/10/2015). "El puente de Cerponzóns". Diario de Pontevedra.
- ↑ "A HISTORIA DO ARCEBISPO MALVAR E AS SÚAS RAICES DE CERPONZONS". 15/10/2016.
- ↑ "A CARRETERA N 550". O Roque de Cerponzóns.
- ↑ "CERPONZONS: O CAMIÑO REAL DO SÉCULO VXIII PASA POR CERPONZÓNS". 28/09/2014.
- ↑ https://digital.csic.es/bitstream/10261/78004/1/R.C.AEHM_Madrid_1989_2_p.103-114_Mart%C3%ADnez_Rodr%C3%ADguez.pdf
- ↑ "Camino real o carretero". La Voz de Galicia. 12/02/2005.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 24,4 "Nacional VI, la carretera de Vigo". La Voz de Galicia. 02/12/2012.
- ↑ https://www.docutren.com/HistoriaFerroviaria/PalmaMallorca2009/pdf/050107_Lindoso.pdf
- ↑ http://elferial49.blogspot.com/2014/09/benavente-cruce-de-caminos-2.html
- ↑ https://www.docutren.com/HistoriaFerroviaria/PalmaMallorca2009/pdf/050107_Lindoso.pdf
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2009/10/29/guerra-da-independencia-chegou-moi-modo-a-comarca/0003_8069336.htm
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2011/03/09/falta-tren-diligencia/0003_201103V9C10991.htm
- ↑ https://www.docutren.com/HistoriaFerroviaria/PalmaMallorca2009/pdf/050107_Lindoso.pdf
- ↑ 31,0 31,1 http://www.ub.edu/geocrit/Simposio/cMirasMartinez_Latransicion.pdf
- ↑ https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2006/04/02/antonio-casares-pionero-luz/0003_100000091191.htm
- ↑ https://www.diariodepontevedra.es/articulo/noticias/el-futuro-de-la-primera-linea-del-ferrocarril-de-galicia-esta-en-peligro/20081120202000162098.html#:~:text=El%20primer%20hito%20de%20la,en%20el%20mapa%20de%20Renfe.
- ↑ "El ferrocarril cumple 135 años". El Correo Gallego.
- ↑ https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/el-cable-ingles-cuanto-todas-lasnoticias-del-mundo-pasaban-por-galicia
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2013. Consultado o 27 de xuño de 2020.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 "Un deseo llamado tranvía". www.elcorreogallego.es.
- ↑ "Galicia ha perdido desde 1900 la mitad de su peso en España por población". La Voz de Galicia. 18/06/2018.
- ↑ "El pionero de la aviación que tumbó un gobierno | Galicia | elmundo.es". www.elmundo.es.
- ↑ 40,0 40,1 Ferrol, Diario de. "José Piñeiro González". Diario de Ferrol.
- ↑ https://www.farodevigo.es/comarcas/2011/11/18/homenaje-pioneros-aviacion/581303.html
- ↑ "Gallego pionero en vuelo invertido". www.elcorreogallego.es.
- ↑ https://www.culturaydeporte.gob.es/dam/jcr:477082a6-80bf-447d-89bc-1c7d70f01ae4/el-dor--en-casa---pontevedra--cuna-de-col-n--de-enrique-barreiro.pdf
- ↑ "El aeropuerto de Peinador". 31/10/2015.
- ↑ 45,0 45,1 "Arqueoloxía informática". culturagalega.org. 21/11/2002.
- ↑ "As Conchas, luces y sombras del primer gran embalse de Galicia y de FENOSA". 15/06/2019.
- ↑ Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ "Galicia - Población 2000". datosmacro.com.
- ↑ "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |