Irmás Touza

defensoras dos dereitos humanos

As irmás Touza foron tres mulleres de Ribadavia que na década de 1940 colaboraron nunha rede de apoio para axudar os fuxidos do nazismo cruzando a fronteira de Portugal[1].

Porta da casa onde viviron as irmás Touza.

Historia editar

 
Estación de ferrocarril de Ribadavia.

Lola, finada o 26 de xuño de 1966, Amparo, finada o 6 de febreiro de 1981 e Xulia[2], finada o 6 de xuño de 1983 rexentaban o quiosco da estación de Ribadavia, e vivían no nº 2 da rúa do xuíz Viñas. Ao chegaren os fuxidos á estación de ferrocarril xa viñan co seu contacto, elas agachábanos na súa casa e costeábanlles o paso da fronteira a Portugal.[3] A rede de fuxida estaba organizada polo cónsul portugués Aristides de Sousa Mendes[4].

Legado editar

O escritor Emilio Ruiz Barrachina publicou en 2016 a novela Estación Libertad, e estaba prevista a realización dunha adaptación cinematográfica no 2018.[5][6]

Memoria do silencio de Eva Mejuto recolle a súa historia.[7][8]

Nelas están inspirados algúns dos personaxes da película Lobos sucios.[8]

Notas editar

  1. ""As irmás Touza salvaron á metade de xente que Schindler, pero sen ningún medio económico”". Sermos Galiza. 21 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018. 
  2. Andaina (ed.). "As Irmás Touza Domínguez". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. Patiño Regueira, Antón (2005). A Nosa Terra, ed. Memoria de ferro. pp. 153–156. ISBN 84-96403-30-0. 
  4. "«De Sousa foi o creador da rede de evasión na que estaban as Touza»". La Voz de Galicia. 2 de xuño de 2017. 
  5. "As irmás Touza salvaron á metade de xente que Schindler, pero sen ningún medio económico". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  6. Fernández, Elisabet (26 de outubro de 2016). "La historia de las hermanas de Ribadavia que salvaron a 500 judíos llegará a Hollywood". La Región (en castelán). Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  7. Gracia e Anxo (4 de febreiro de 2019). "Memoria do silencio". Trafegando ronseis. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 Mejuto, Eva (5 de marzo de 2019). “Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Consultado o 6 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.