Eva Mejuto

xornalista e escritora galega


Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.

Infotaula de personaEva Mejuto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1975
Sanxenxo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura infantil e xuvenil Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , editora literaria , xornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Facebook: Eva Mejuto Instagram: evamejuto AELG: 534 Dialnet: 2473262 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.[1] En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.[2]

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo.[3] Participa habitualmente en encontros en colexios.[4]

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes. A sinopse da obra segundo David González é:

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. "Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son." Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. “22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.[5]

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a segunda guerra mundial.

 
Con María Reimóndez e Manuel Bragado en Pontevedra o 21 de marzo de 2018

Obras editar

  • A casa da mosca chosca (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-155-4. Adaptación dun conto popular ruso. Ilustracións de Sergio Mora[6]. Foi publicado en catalán,[7] éuscaro,[8] castelán,[9] portugués,[10] inglés[11] e italiano[12]
  • Rato de campo e rato de cidade (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-139-2. Ilustracións de Kiko da Silva. Foi publicado en castelán[13] por Kalandraka
  • O zapateiro e os trasnos (2003). Kalandraka. ISBN 84-8464-212-7. Adaptación dun conto popular. Ilustracións de Elia Manero. Foi publicado en castelán por Kalandraka[14]
  • Corre, corre, cabaciña (2006). OQO Editora. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de André Letria. Foi publicado en castelán,[15] catalán,[16] portugués[17] e italiano[18]
  • Tres desexos (2007). OQO Editora. ISBN 978-84-96788-63-3. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de Gabriel Pacheco. Foi publicado en castelán[19] e en italiano[20]
  • Maruxa (2014). OQO Editora. ISBN 978-84-9871-490-6. A partir dunha canción tradicional polaca. Ilustracións de Mafalda Milhoes
  • 22 segundos (2017). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-239-3, 136 p.[21][22] Foi traducida ao castelán.[23]
 
Presentación de Memoria do silencio na Casa da Luz de Pontevedra o 29 de xaneiro de 2019 con Su Garrido Pombo, María Xesús López Escudeiro e Fran Alonso

Colaborou nas obras colectivas:

Tradutora editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Ficha de Eva Mejuto na AELG". Consultado o 21/03/2018. 
  2. "Proxecto Capicúa". Capicúa. Consultado o 24/03/2018. 
  3. "Máster da Universidade de Vigo". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2015. Consultado o 21/03/2018. 
  4. "Faro de Vigo, 29/05/2016". Consultado o 21/03/2018. 
  5. "Blog de Xerais". Arquivado dende o orixinal o 29/05/2020. Consultado o 24/04/2020. 
  6. "Catálogo da BNE". Consultado o 21/03/2018. 
  7. "La casa de la mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  8. "Euli firiren festa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  9. "La casa de la mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  10. "A casa da mosca fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  11. "The shy fly's house: based on the popular Russian tale". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  12. "La casa della mosca Fosca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  13. "Ratón de campo y ratón de ciudad". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  14. "El zapatero y los duendes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  15. "Corre corre, calabaza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  16. "Corre corre, carbasseta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  17. "Corre corre, cabacinha". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  18. "Corri, corri, zucca mia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  19. "Tres deseos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  20. "Tre desideri". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-07. 
  21. "Ficha do libro en Xerais". Consultado o 21/03/2018. 
  22. Teijeiro, Antonio Garcia (2017-07-31). "Versos e Aloumiños: REMUÍÑO DE LIBROS (30) "22 segundos", de Eva Mejuto". Versos e Aloumiños. Consultado o 2019-01-18. 
  23. "22 segundos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06. 
  24. "Ficha de libro". www.xerais.gal. Consultado o 2019-01-18. 
  25. Mejuto, Eva (5 de marzo de 2019). “Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”. Praza Pública. Entrevista con Montse Dopico. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  26. Rodríguez, Olga (xaneiro, febreiro, marzo 2021). "A necesaria normalización histórica". Grial. Revista galega de cultura LIX (229): 98–100. ISSN 0017-4181. 
  27. "La lavandera de San Simón". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  28. "Eva Mejuto y la memoria diversa". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-06-14. Consultado o 2023-04-23. 
  29. "Resolución" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 23/04/2021. 
  30. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 
  31. http://www.acvgalaica.com, Global Web 6 2-. "AGADIC". www.agadic.gal. Consultado o 2022-12-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar