Su Garrido Pombo

cantante galega


Susana Garrido Pombo, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1982, é unha cantante e compositora galega.

Infotaula de personaSu Garrido Pombo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Granada
Universidade de Salamanca
Universidade de Florencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Su Garrido en 2014

Criouse en Traspielas, no concello de Fornelos de Montes.[1]

O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos.

As estancias coa súa avoa Leonora en Traspielas, Fornelos de Montes, marcaron a súa música.[2]

Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusis (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada, (bolsa Seneca) Universidade de Florencia, (bolsa Erasmus).[3]

Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.[4][5]

En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu Patios de luz.

Recoñecemento editar

  • 2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive para cumplirlo International Music Competition co seu tema Linda. E 4º posto polo tema Extraña María.
  • 2007: 3º posto no concurso Gz crea  
  • 2015:  xunto con Margarida Mariño, 1ª  Premio no  concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego
  • 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.[6]
  • 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.[7]

Obra editar

  • Quedo a vivir aquí (2018.)[8] Temas: "Ímola alboreando, Camiñan descalzas, Pecados, As bandeiras, Strange boat, As gueivotas, El 18 de julio, Quedo a vivir aquí, The long road home, As flores silvestres".
  • Patios de luz (2022).[9] Temas: "Nun patio de luz, Rúa do pracer, O outro lado, doce caseiro, Domingo, To let the light shine through, A arranca das patacas, O meu neno, A horta do Berbés".

Notas editar

  1. "Su Garrido Pombo: «Na miña aldea, cantar era parte da vida cotiá»". La Voz de Galicia. 2023-05-03. Consultado o 2023-05-03. 
  2. Garrido Pombo, Su (Marzo de 2020). Aínda que me tremesen as pernas, tiña que ser capaz de cantar eu soa. A Movida. Entrevista con Tamara Novoa. Viguesa do mes. Vigo. 
  3. "Bio". SuGarridoPombo. Consultado o 2019-01-29. 
  4. Salgado, Daniel (21 de outubro de 2018). "A canción en tránsito de Su Garrido Pombo". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  5. "“Cantar non é subir a un escenario para lucirse, é parte da vida. Cantas porque tes que cantar”". Praza Pública. 2021-08-20. Consultado o 2021-09-27. 
  6. "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Deputación da Coruña. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  7. "Un total de 54 finalistas optan a los V Premios Martín Códax de la Música". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-29. 
  8. "Quedo a vivir aquí, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04. 
  9. "Patios de luz, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar