Andeca
Andeca ou Audeca gobernou o reino de Galicia entre os anos 584 e 585[1][2], sendo o derradeiro monarca suevo que tivo Galicia. Tras o seu destronamento, o monarca visigodo Leovixildo logrou anexionarase o Galliciense Regnum.
Biografía | |
---|---|
Morte | 585 (Gregoriano) Beja, Portugal |
Rei dos suevos | |
584 – 585 ← Eborico – Leovixildo → |
Traxectoria
editarRipáralle o trono ao seu predecesor Eurico, a quen enclaustrou nun mosteiro e casou coa súa muller coa fin de garantir a continuidade de sangue. Co gallo de mediar na desavinza dinástica, Leovixildo internouse en Galicia cos seus exércitos e, tras derrotalo, saqueou a capital (Braga), fíxose co tesouro real e anexionouse o Reino Suevo de Galicia.
Esta volvía á fe ariana na súa caste dirixente e ficaba convertida nunha unidade gobernativa e xurisdicional da monarquía visigoda de Hispania ao mando dun dux; este cargo será exercido en varias ocasións por fillos de monarcas que gobernaron a antigo territorio suevo a título de rei (Wamba, Vitiza). Andeca tamén foi obrigado a ingresar nun mosteiro, mais a nobreza que o aupara non semella que perdera, na nova dependencia política, o seu dominio territorial.
A crónica biclarense descualifícao como tirano ao non recoñecer a licitude da súa toma do poder e responsabilizalo da disputa que abriu as portas ao, tamén deostado pola crónica, rei Leovixildo.
Tentativa de independencia
editarTras o destronamento de Andeca por parte dos visigodos, un nobre de liñaxe real, descendente do rei Miro chamado Malarico, encabezou unha rebelión para liberar o reino de Galicia das mans visigodas. A forte presenza militar visigoda no reino acabaría coa revolta no ano 586 e Malarico, sería apresado pouco antes da morte de Leovixildo.
A finais do século XIX o historiador Benito Vicetto transcribiu o seu nome Andeca ou Audeca como Xandeza ou Xan Deza, relacionando a raíz etimolóxica deste nome coa comarca do Deza.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ de Tours, Gregorio. Historia Francorum 6. p. 43.
Audica, (...) Galliciensim regnum obtenuit.
- ↑ Biclarensis, Iohannes (584). Chronicon.
Audeca in Gallaecia Suevorum regnum
Véxase tamén
editar Miro, Eborico e Audeca. Os derradeiros reis suevos da Gallaecia de 570 a 585. |
Bibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. pp. 54–55. ISBN 84-96203-44-1.
Outros artigos
editarAndeca Descoñecida Nacemento: ? Falecemento: ?
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Eborico
|
Rei de Galicia 584–585 |
Sucedido por Leovixildo Invade o reino e faise co seu goberno |