Antonio Casares Rodríguez
Antonio Jacobo Casares Rodríguez, nado en Monforte de Lemos o 28 de abril de 1812 e finado en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1888, foi un químico galego.
Juan Antonio Casares Rodríguez | |
---|---|
![]() Antonio Jacobo Casares Rodríguez | |
Datos persoais | |
Nacemento | 28 de abril de 1812 |
Lugar | Monforte de Lemos |
Falecemento | 12 de abril de 1888 |
Lugar | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Cónxuxe | Juana Teijeiro Fernández |
Actividade | |
Campo | químico, Cátedra universitaria e professor titular |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Seu pai fora o boticario do convento dos xesuítas e será alí levou a cabo os primeiros estudos de primaria. Estudou a secundaria nos xesuítas de Valladolid[1].
Licenciouse en Filosofía e Farmacia. Gañou a primeira Cátedra de Química Aplicada ás Artes da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Foi o primeiro titular da Cátedra de Química na Universidade de Santiago de Compostela; ocupouna a raíz da súa creación polo plan de estudos de 1845, e ata a súa morte no 1888. Foi decano da Facultade de Filosofía (1846), da Facultade de Farmacia (1857) e o primeiro decano da Facultade de Ciencias (1859), e foi reitor dende 1870[1].
Desenvolveu a súa intensa vida científica e académica en Galicia, cara ao ben común da súa terra. Realizou investigación aplicada á industria, a agricultura e a medicina e estudo dos métodos de análise, do que é un dos iniciadores en España. Asemade, foi un dos iniciadores da espectroscopía peninsular. No 1866 aparece o seu Tratado práctico de análisis químico de las aguas minerales y potables.
Predecesor: Casimiro Torre Castro |
Reitor da Universidade de Santiago 1871 |
Sucesor: Casimiro Torre Castro |
Predecesor: Casimiro Torre Castro |
Reitor da Universidade de Santiago 1872 - 1888 |
Sucesor: Gerardo Jeremías Devesa |
Vida persoalEditar
Casou con Juana Teijeiro Fernández, irmá de Maximino Teijeiro Fernández e foi pai de Fermín Casares Teijeiro.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Casares Rodríguez |
BibliografíaEditar
- Losada Sanmartín, María Luisa (2014). Ouvirmos, ed. Antonio Casares Rodríguez. Químico, médico e farmacéutico. Sarria. ISBN 978-84-941053-3-3.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.