Abrir o menú principal

Gerardo Jeremías Devesa

médico e político galego

Gerardo Francisco Jeremías Devesa, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1847 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1890[1], foi un médico e político galego, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Gerardo Jeremías Devesa
Nacemento8 de novembro de 1847
 Santiago de Compostela
Falecemento27 de abril de 1890
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo natural de Gabriela Geremías Debesa, de extracción humilde, rematou o bacharelato en 1863 e licenciouse en Medicina en 1869 realizando tamén o doutoramento. En 1875 desprazouse a Granada para facerse cargo da cátedra de Anatomía Xeral e Descritiva. Dous anos despois volveu a Santiago ca cátedra de Patoloxía Cirúrxica. Foi elixido concelleiro do Concello de Santiago nas eleccións do 2 ao 4 de maio de 1881[2]. Foi alcalde interino de Santiago de Compostela (1884-1885) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1888 e 1890.

Casou con Luisa Rodríguez Montero, sobriña de Eugenio e José Montero Ríos, de cuxo matrimonio tivo catro fillos.


Predecesor:
José López Amarante
  
alcalde de Santiago
 
1884 - 1885
Sucesor:
José Vázquez Quirós
Predecesor:
Antonio Casares Rodríguez
  
Reitor da Universidade de Santiago
 
1888 - 1890
Sucesor:
Jacobo Gil Villanueva

NotasEditar

Véxase taménEditar