José Montero Ríos
médico e político galego
José Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 20 de xullo de 1830 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1890, foi un médico e político galego.
José Montero Ríos | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1830 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Falecemento | 27 de outubro de 1890 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Irmán de Eugenio Montero Ríos. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Dedicouse ao coidado de enfermos de cólera nos primeiros anos como médico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1868 e 1870. En 1870 trasladouse á Universidade de Madrid, e foi nomeado reitor da Universidade da Habana (1872-1876). Foi elixido deputado polo distrito de Taveirós (1871-1872), senador pola provincia de Pontevedra (1872-1873), pola Universidade de Santiago de Compostela (1881-1882 e 1884-1885) e en 1886 foi nomeado senador vitalicio.
Predecesor: Juan José Viñas |
Reitor da Univ. de Santiago 1868 - 1870 |
Sucesor: Casimiro Torre Castro |
ObrasEditar
- Deberes que el médico tiene contraídos con la humanidad, 1862
TraduciónsEditar
- Guía de médico práctico. Resumen general de patología intensa y de terapéutica aplicada 1871-1873 (con M. Teijeiro).
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Universidade, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela. p. 507-509. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)