Juan José Viñas
Juan José Viñas Balduvieco,[2] nado en Santiago de Compostela o 26 de marzo de 1811[3] e finado na mesma cidade o 14 de setembro de 1881,[4] foi un xurista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1811 Santiago de Compostela, España |
Morte | 14 de setembro de 1881 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
30 de marzo de 1875 – 1 de outubro de 1875 ← Andrés Tomás Bouza de Figueroa – Francisco Sáinz Herrero → | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1866 – 1868 | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1856 – 1865 | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1846 – 1855 | |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1843 – 1845 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista, político |
Traxectoria
editarEstudou leis na Universidade de Santiago de Compostela, continuando despois na Facultade de Cánones onde obtivo o Bacharelato en Cánones en 1832. Marchou a Madrid e ingresou en 1835 no Consello Real como oficial. En 1837 regresou a Compostela e traballou como Subsecretario de décimos e pasou en 1841 á Comisión superior de exame da Xunta Superior de Desamortización. Foi catedrático de Xurisprudencia e Economía Política e Dereito Político das universidades de Santiago de Compostela e Salamanca, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1843-1855, 1856-1865, 1866-1868). Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1858-1859), deputado a Cortes polo distrito da Coruña (1840, 1843-1844 e 1844-1846), polo de Ortigueira (1846-1850 e 1851-1852) e polo de Santiago (1876-1878) e senador como representante da Universidade de Santiago de Compostela (1877), pero non chegou a tomar posesión.
O 30 de marzo de 1875 tomou posesión como alcalde de Santiago de Compostela, substituíndo a Andrés Tomás Bouza de Figueroa, converténdose no 1º alcalde tras a Restauración borbónica. Nese mesmo día renunciaron tódolos concelleiros que permanecían do anterior equipo municipal, un total de 10. O 9 de setembro foron cubertas 7 desas baixas de concelleiros. Non obstante, durante os meses do seu mandato foron moi poucas as veces que Viñas presidiu as sesións municipais, case sempre dirixidas polos tenentes de alcalde, José Varela-Cadaval Fernández-de Tejada e Francisco Sáinz Herrero, que o sucedeu na alcaldía o 1 de outubro tras presentar Viñas unha dimisión que foi aceptada.
Predecesor: Luis Pose Varela |
Reitor da Univ. de Santiago 1843 - 1845 |
Sucesor: Rufo Rodríguez Valdespino |
Predecesor: Rufo Rodríguez Valdespino |
Reitor da Univ. de Santiago 1846 - 1855 |
Sucesor: Celestino Martínez del Río |
Predecesor: Celestino Martínez del Río |
Reitor da Univ. de Santiago 1856 - 1865 |
Sucesor: Simón Martín Sanz |
Predecesor: Simón Martín Sanz |
Reitor da Univ. de Santiago 1866 - 1868 |
Sucesor: José Montero Ríos |
Predecesor: Andrés Tomás Bouza de Figueroa |
Alcalde de Santiago 1875 |
Sucesor: Francisco Sáinz Herrero |
Vida persoal
editarEstivo casado con Vicenta Calderón Oreiro, irmá do tamén político galego o III Conde de San Juan, Vicente Calderón Oreiro.
Notas
editar- ↑ La Ilustración Gallega y Asturiana, 28-9-1881, p. 1.
- ↑ Existen 4 versións diferentes do seu 2º apelido. A que se presenta (Balduvieco) é a que aparece nas súas obras orixinais. Na web do Congreso dos Deputados se emprega Valdueso. E, por fin, tamén aparece noutras fontes como Valduvieso e mesmo Valdivieso.
- ↑ Ficha Viñas Valdueso, Juan José na web do Congreso dos Deputados.
- ↑ Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 14-9-1881, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela. El siglo XIX. Santiago de Compostela: Universidade. p. 505-506. ISBN 84-9750-269-8. (en castelán)