Vicente Calderón Oreiro
Vicente Pablo Calderón Oreiro, III conde de San Juan, nado en Santiago de Compostela en 1821 e finado no Pazo de Antequeira, na parroquia de Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888, foi un político galego.
Vicente Calderón Oreiro | |
---|---|
Nome completo | Vicente Pablo Calderón Oreiro, III |
Nacemento | 1821 |
Santiago de Compostela | |
Falecemento | 19 de setembro de 1888 |
Oín | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político |
Fillos | Benito Calderón Ozores |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Militou no Partido Moderado e foi deputado polo distrito de Noia en 1857, polo de Vilalba en 1864 e polo de Mondoñedo en 1867. Retirouse da actividade pública durante o Sexenio Democrático. Na Restauración militou no Partido Conservador e foi elixido senador pola provincia de Lugo (1876-1877), e pola provincia da Coruña (1877, 1879-1880 e 1884-1885). Foi gobernador civil de Pontevedra e A Coruña.
Vida persoalEditar
Casado con Carmen Ozores Mosquera, foi pai de Benito Calderón Ozores e María Calderón Ozores (que casou con José Riestra López).