Benito Calderón Ozores

militar e político galego

Benito Calderón Ozores, nado en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 1861 e finado en Lourizán (Pontevedra) o 11 de outubro de 1892, foi un militar e político galego.

Modelo:BiografíaBenito Calderón Ozores

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1861 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1892 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Lourizán, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosVicente Calderón Montero-Ríos, Eugenio Calderón Montero-Ríos Editar o valor en Wikidata
PaiVicente Calderón Oreiro Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoaquín Calderón Ozores Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Segundo fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría. Casou con Eugenia Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos o 14 de abril de 1890.[1] Foi elixido deputado por Santiago de Compostela na elección parcial de 5 de marzo de 1890, escano que lle puxo en bandexa o seu sogro Montero Ríos, quen renunciou a el para ocupar o posto de senador tralas eleccións de 1889. Foi reelixido nas seguintes eleccións (1 de febreiro de 1891), pero a morte truncou a súa carreira política en 1892.[2]

Vida persoal

editar

Foi pai de Vicente e Eugenio Calderón Montero-Ríos.[3]

  1. El Correo Gallego, 16-4-1890, p. 3.
  2. Gaceta de Galicia, 29-10-1892, p. 1.
  3. Gaceta de Galicia, 15-7-1893, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar