Vicente Calderón Montero-Ríos
militar e político galego
Vicente Calderón Montero-Ríos, V conde de San Juan, nado en 1891 e finado en Reus o 7 de xaneiro de 1927, foi un militar e político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1891 |
Morte | 7 de xaneiro de 1927 (35/36 anos) Reus, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Familia | |
Pai | Benito Calderón Ozores |
Irmáns | Eugenio Calderón Montero-Ríos |
Traxectoria
editarFillo de Benito Calderón Ozores e de Eugenia Montero Villegas e neto de Vicente Calderón Oreiro e Eugenio Montero Ríos. Como militar interveu na Guerra do Rif, participando no Desastre de Annual formado parte do Rexemento de Cazadores de Alcántara.[1] Nas eleccións de 1923 foi elixido deputado polo distrito de Santiago de Compostela. Morreu en Reus, onde estaba destinado como capitán de Cabalería, en xaneiro de 1927.[2]
Vida persoal
editarCasou con María de los Dolores Valera Jiménez-Arroyo.[3]
Notas
editar- ↑ Desastre de Annual: Oficiales del Regimiento de Cazadores de Alcántara. 14º de Caballería.
- ↑ El Compostelano, 8-1-1927, p. 2.
- ↑ Revista de Historia y de Genealogía Española. 1/2-1927, p. 97.