Joaquín Calderón Ozores
Joaquín Calderón Ozores, IV conde de San Juan, nado na Coruña o 19 de novembro de 1866 e finado en Madrid o 21 de marzo de 1953, foi un militar e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1866 A Coruña, España |
Morte | 21 de marzo de 1953 (86 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Actividade | |
Ocupación | militar, político |
Familia | |
Pai | Vicente Calderón Oreiro |
Irmáns | Benito Calderón Ozores |
Traxectoria
editarTerceiro fillo de Vicente Calderón Oreiro, conde de San Juan, e de Carmen Ozores Mosquera. Capitán de Artillaría, foi destinado a Vigo a finais de xaneiro de 1906. Rematou a carreira militar como coronel de Artillaría. Membro do Partido Conservador. Foi elixido deputado pola Coruña nas eleccións de 1914. Foi elixido senador pola provincia de Ourense nas eleccións de 1918 e 1919. Finou en Madrid o 21 de marzo de 1953.[1]
Vida persoal
editarCasou en 1899 con Dolores Bárcena de Andrés-García, filla de Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira,[2] e foi pai de María del Carmen Calderón Bárcena, que casou con Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas.